Resultados

O RC Celta e o Atletismo Femenino Celta Campions de Galicia de Clubes

No día de hoxe desputouse no Estadio Gregorio Pérez de Lugo o Campionato de Galicia de Clubes. Xornada que comezou pasada por auga e foi dando paso a un fantástico día de competición, onde os atletas deron un fermoso espectáculo para deleite dos espectadores que animaban desde as bancadas.

Os gañadores en ambas categorías serian o R.C. Celta e o Atletismo Femenino Celta cun total de 135 puntos en homes e 136 puntos en mulleres.

O Celta impuxose nas probas de 100 ml, 3000ml, triplo salto,xavalina, 4×100 e 4×400 o que lle serviu para facerse co Campionato de Galicia de Clubes en categoría femenina cun total de 136 puntos, seguidas das atletas do Ría Ferrol que obtiveron 115 puntos e das atletas do ADAS Prionor que subiron o terceiro caixon do pódium cun total de 109 puntos.

En homes o R.C. Celta imporiase nun total de 6 probas, o que lle darían o triunfo con 135 puntos seguidos dos atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 124 puntos e dos atletas do Lucus Caixa Rural cun total de 109 puntos

Resultados

Compartir: