Resultados

I Xornada Torneo Vila dás Artes : Lidia Parada, Frank Casañas e Isaac Vicente gañan as súas respectivas probas

Disputouse en Vila Nova de Cerveira a primeira xornada do Trofeo Vila dás Artes, que continuará mañá cunha nova competición por equipos representando ás súas cidades.
Isaac Vicente mellorou a súa marca do ano cun rexistro de 64,64m gañando a proba de martillo. O segundo clasificado foi o seu compañeiro do equipo AD Marathón , Pablo Denis con 63.17 metros. Ambas son mínimas nacionais para o campionato de España absoluto.
Lidia Parada estreouse esta tempada cunha vitoria en jabalina, lanzando 52,69m, que a colocan no segundo posto do ránking nacional, conseguindo tamén a mínima para o nacional no que se proclamou campioa o ano pasado.
Frank Casañas, vigente campión de España en disco realizou un mellor intento de 59,81m, en pugna co francés Jordam Guehasein, que lanzou 58,52 metros. Mellora a súa anterior marca e mantense no terceiro posto do ranking.

Compartir: