Resultados

V Maraton C42

Ás 8.30 horas no Obelisco, logo dun minuto de silencio en memoria dos dous deportistas mortos durante o maratón de Navajas (Castellón) a pasada fin de semana. En total 830 atletas tomaron a saída da proba, que a súa vez está considerado o Campionato Galego da distancia.

David Pelísek, un estudante checo de Erasmus, gañou a súa primeira maratón cun tempo de 2:29.27, seguido do galego Víctor Xosé González (Comesaña Soprting Club) , que cunha marca de 2:31.01 proclamouse Campión Galego, e o portugués António Moreira, que alcanzou a meta ás 2:33.51

Minutos máis tarde chegou a primeira muller e gañadora da proba, María del Rosario Figueroa (Rungalicia.com), quen defendía o título de campiona do ano 2015 tanto de Coruña42 coma do Campionato Galego, e hoxe revalidou ambos os dous ao parar o reloxo ás 03:02.37, mellorando incluso en 3 minutos o tempo do pasado ano 03:05.39

O podio masculino da proba 10k, na que participou o bicampión do mundo de Maratón, Abel Antón, viviu un sprint final moi disputado, cunha diferencia de tempo mínima entre o primeiro e terceiro clasificado. Edson Gómez corouse como gañador ao cruzar a meta aos 32.29. Na categoría feminina, Inés Papin e Karina Callón, primeira e segunda clasificadas respectivamente, entraron xuntas da man cun rexistro de 41.39

Fotos

Streaming

Resultados Provisionales

Compartir: