Resultados

Galegos que participan no Campionato de España de 10000 metros e no Trofeo Iberico

O sábado 9 de Abril desputase na cidade Portuguesa de Maia, o Campionato de España de 10000m – Trofeo Ibérico.

Ata o pais veciño viaxan 11 atletas galegos, 9 homes entre os que se atopan Ivo Maseda, Lolo Penas, David Santos, con opcións a medalla e 2 mulleres, Joselyn Brea e Esther Navarrete.

Os clubes que aportan atletas a este campionado son o Ourense Atletismo onde milita Jesús Álvarez a Sociedad Gimnástica de Pontevedra con tres atletas, Fernando Rial, Ivan Docampo e Joselyn Brea, do RC Celta David Santos, do CA Santiago Enrique Martínez, do Lugo Running Ivan Manso e Ivo Maseda , Miguel González do Lucus e Lolo Penas do New Balance.

Compartir: