Resultados

Resumo do Campionato de Espa�a de 20 Km Marcha Absoluto e Promesa homes e do Criterium Nacional da especialidade

No Campionato de España absoluto e promesa de 20km marcha en ruta Fran Duran foi sexto absoluto,Christian Curopos foi subcampión de España promesa con mellor marca persoal, 1:30.19 Marcos Cintrón Bellver foi oitavo promesa no seu debut con 1:43.

No Criterium Nacional excelentes resultados dos marchadores galegos ,Carmen Escariz foi segunda con mellor marca persoal de 49:26, Leyre Aramburu segunda xuvenil Antia Chamosa terceira mellorando a marca,Carmen Fuentes foi cuarta. Ana Piñeiro foi primeira infantil. Denis Fernández que gañou en categoría alevín con novo récord galego de 4:57. Os infantís Mateo Díaz e Antón Martínez foron segundo e terceiro. En Cadetes masculino Alex Novás Barral foi segundo, Marcos Burgo terceiro e Conchy Campos (Sekulebedarra) foi campiona veterana en 5km.

Compartir: