Resultados

O Atletismo Galego esta de noraboa, Galicia contará cunha pista cuberta de 200m en Ourense

No dia de onte a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou que proxecta a construción este ano dunha pista de atletismo cuberta no recinto de Expourense, que pasaría a compatibilizar o seu uso feiral co deportivo.

Trataríase da primeira pista cuberta con sistema hidráulico de Galicia e unha das poucas de España, tal e como avanzou o secretario xeral de Deporte, José Ramón Lete Lasa, ao rexedor ourensán, Jesús Vázquez, nunha reunión celebrada esta tarde no edificio consistorial.

La Región

Compartir: