Resultados

Solange Pereira , Ouro en 1500, Belen Toimil , prata en peso , Palomanes bronce en triplo salto e Saleta Fernandez e Mauro Triana, novos record galego absoluto

Gran xornada matinal para continuar a boa actuaccion galega, con tres novas medallas para a expedición e dúas novas mellores marcas absolutas autonómicas.
A gran favorita nos 1500 non Solange Pereira fíxose co ouro loitando ata o ultimo metro, prata para Belen Tomil en peso cunha marca de 15,40 metros, finalmente bronce para Palomanes na proba de triplo salto cun mellor rexistro de 15,81 metros
Dúas novas mellores marcas absolutas a cargo nuevamente de Mauro Triana que rebaixo a súa marca de 21.60 do sábado, logrando na final B un rexistro de 21.45 que supón mellor galega na categoría promesa e absoluta.
Finalmente Saleta Fernandez nun fantástico concurso de altura, batio por dúas veces o record galego, saltado á terceira o 1,79 e á primeira 1,83 que es record absoluto incluíndo a súa propia marca en pista cuberta e ao mesmo tempo bate a marca de Maria Romero ao aire de 1,79 do ano 1999

Actuaccion Galega

Compartir: