Resultados

Novo xuíz instructor do Comité Galego de Disciplina Deportiva

No día de hoxe nomeouse un novo xuíz instructor para atender as reclamación no ámbito da Disciplina Deportiva desta federación. Dende a FGA desexamos agradecer a importante labor desempeñada pola anterior xuiza Dª. Almudena Míguez, quen estivo ao fronto dos últimos expedientes recibidos no eido da Disciplina Deportiva. O novo xuiz é D. Rafael Alonso, Rafael é un avogado cunha extensa traxectoria de experencia profesional, Máster en Dereito Deportivo, ponente e docente de numerosas accións formativas no ámbito da lexislación e o deporte, Vicepresidente da Comisión de Xustiza e Disciplina da Confedración Europea de Patinaxe e Presidente do Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol, e asesor xurídico de varias entidades deportivas.

Compartir: