Resultados

2º posto para Miguel González e Subcampionato de España Xunior para o Lucus por Equipos

(Foto Óscar Rodríguez)

No dia de onte, 28 de Febreiro disputouse no Hipodromo da Zarzuela, Madrid o Campionato de España de Campo a Través de Clubes.

Galicia participaba con algo máis de 100 atletas de 16 clubes distintos. Na categoría cadete os máis destacados tanto a nivel individual coma por equipos foi o Ría Ferrol, acadando o posto 17º en mulleres e o 21º en homes, así como sendo Lucia Sicre e Aldo Rey os primeiros galegos en cruzala liña de meta.

En categoría Xuvenil os primeiros galegos en chegar a meta foron Claudia Blanco no 10º e Pablo Monteagudo no 20º, ambos do Atletismo Noia, que sería o club galego máis destacado na categoría acadando o posto 12º en mulleres e 22º en homes. En Xunior cabe destacar a gran actuación dos atletas do Lucus Caixa Rural en homes quenes acadaron o Subcampionato de España por Equipos e o subcampionato individual para Miguel González, en mulleres tamén foron o club máis destacado acadando o posto 20º e sendo Inés Blanco a primeira galega na liña de meta no posto 50º. En Promesa o club e atleta galego máis destacado foi o CA Santiago e Alberto Castiñeiras co 53º posto na xeral. No Cross Corto Mulleres Leticia Fernández foi a galega máis destacada chegando a meta no posto 27º, e o ADAS Prionor o primeiro club galego na clasificación acadando a 9 posición por equipos. No Cross Corto Masculino o atleta galego máis destacado foi David Santos do RC Celta no posto 25º, e por equipos a Sociedad Gimnástica de Pontevedra acadando o 6º posto por clubes. No Campionato Promesa Mulleres María Jesús Gestido atravesou a meta no posto 54º. No cross largo o club Fisioterapia San Lázaro foi o equipo galego máis destacado no posto 23º ,así como Gustavo Nieves primeiro galego no posto 52º

Compartir: