Previa Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes e Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Traves

O vindeiro domingo 31 de xaneiro na localidade lucense de Friol disputarase o Campionato de Galicia de Cros Curto por equipos, na última edición os campións foron en homes o New Balance, que este ano non presenta equipo e que deixa o camiño aberto á Sociedade Gimnastica de Pontevedra de recuperar o título que obtivo no 2014. En mulleres o club favorito é o Comesaña Sporting Club, quen vén de conseguir os sete últimos títulos consecutivos, participan nesta edición, Soledade Castro, Sandra Mosquera, Sara Pérez. No Campionato Xuvenil de Campo a través, destacamos que os últimos vencedores en ambas as categorías, Miguel González Carballal e Ana García Arias, Lucus Caixa Rural e Lugo Running respectivamente non poderán revalidar o título ao cambiar de categoría. No Campionato Cadete de Campo a través, repítese a situación da categoría Xuvenil, co vixente campións Adrián Lago.Lucía López pola súa banda podería revalidalo título.

Compartir: