Resultados

IX Trofeo Alfonso Posada. Control Técnico RFEA

As pistas de atletismo de Balaídos acollerán o IX Trofeo Alfonso Posada e Control Técnicoa da RFEA na que alguns dos atletas galegos mais en forma estarán nas listas de saída. Salientar a presencia do velocista do Coruña Comarca Denís Galán nos 100 e 200, o 1500 masculino donde estarán os tres dos representantes galegos con maior proxección, Miguel González e Adrián Ben ámbolos dous do Lucus e Tariku Novales do Atletismo Noia, a lonxitude con Jean Marie Okutu e Alfonso Palomanes e o martelo con Isaac Vicente (A.D. Maratón). Nas mulleres o 800 é a priori a proba con mais rivalidade xa que estará Leticia Fernández (Ría), Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta e Angela González (Comesaña). Leticia está inscrita tamén no 1500 donde a gran favorita Solange Pereira intentará un bo rexistro despois da sua fantástica actuación na Copa de Europa. Inscritos

Compartir: