Resultados

Excelente xornada no Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por equipos

Fantástica xornada a vivida nas Pistas do Complexo Deportivo A Fieiteira de Riveira durante o Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por equipos. En xornada de mañán celebrouse o campionato benxamin e alevin con podium para Vila de Cangas, Atlética Barbanzar e San Narciso en benxamin homes e Club Atletismo Sada, Vila de Cangas e Sammertolameu en benxamin femenino, Vila de Cangas, Ourense Atletismo e San Narciso en alevin homes e Olímpico de Vedra, Ría Ferrol e Millaraio en alevin mulleres. Xa na tarde, con un programa mais completo en canto a probas foi o turno dos infantis con podium para a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Millarario e Franciscanos en homes e Vila de Cangas, Beade e Ría Ferrol en mulleres. Salientar o bo ambiente e a amplia participación nun campionato que medra ano tras ano.

Compartir: