Resultados

Transmisión por streaming da xornada do Campionato de Espana de Clubes

O Real Club Celta de Atletismo ofrecerá por streaming na súa canle de Youtube o encontro C da división de honra masculina no que compite mañá pola tarde no Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos.
Este encontro é un dos catro da 1ª xornada das 3 de que consta a máxima categoría da competición de clubs en España. Enfrontarase a Sociedade Gimástica de Pontevedra, Real Sociedade de Donostia e Agrupación Deportiva Marathon de Madrid.
A transmisión será de 17:00 a 20:30. A parte técnica estará a cargo da Escola de Imaxe e Son de Vigo, con realización de Fernando Jover. E os comentarios de Óscar Fernández, actual director técnico da delegación en Vigo da FGA, comenterarista de atletismo en Canle +, TVG e raio Marca, e colaborador entre outros medios de Atletismo Español (a revista da RFEA).
[Enlace á canle do Real Club Celta]
[Descarga do vídeo promcial da xornada] (autor: Rubén Martínez Covelo)
[Enlace de resultados en directo]

Compartir: