Resultados

Ramón Cid impartirá unha conferencia o vindeiro 8 de maio en Vigo

O vindeiro venres 8 de maio o Director Técnico da Real Federación Española de Atletismo Ramón Cid impartirá unha conferencia na Casa do Deporte de Vigo (Xunta de Galicia), situada na rúa Luis Ksado 17, a partir das 20,00 horas. A disertación do seleccionador nacional será sobre “O presente e futuro do atletismo español”. A entrada será libre e, despois desta, os asistentes poderán participar nun debate. Ao día seguinte o técnico español tamén participará nunha reunión cos adestradores galegos do sector de saltos.

Compartir: