Resultados

Cambio de data e sede: O Campionato de Galicia cadete junior por clubes celebrarase na Coruña o día 17 de maio.

Logo da renuncia do Club AVA a organizar o Campionato cadete e junior por clubes e de dous campionatos máis: Campionato de Galicia Cadete e Campionato Benxamín, alevín e infantil, esta federación anuncia que o Campionato de Galicia cadete e junior por equipos terá lugar o vindeiro 17 de maio nas pistas de Elviña e estará organizado polo Club Marineda Atlética e o Club Riazor Coruña. Nestes intres estanse a facer xestións para asignar sede aos outros dous campionatos, nos vindeiros días se comunicará.

Compartir: