Resultados

XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera

Amplia participación no XXXVIII Memorial Gregorio Pérez Rivera celebrado nas pistas que levan o mesmo nome en Lugo. Salientar as probas de velocidade con victoria para Denis Galán (Coruña Comarca) con un tempo de 10.82 por diante do seu compañeiro de equipo e adestramentos Mauro Triana (10.88) nos homes e da cadete Claudia Torres (Atletismo Cuntis) seguida de Miriam Otero (C.A. Narón) con 12.53 e 12.69, respectivamente. Nos 400 Paula Ferreiros (Lucus) con 57.16 vencía a Paula Iglesias (Riazor) quen parou o crono en 58.58. Sorpresa na altura donde a lucense Sara Piano con 1.62 superaba a gran favorita Saleta Fernández (FCB). En homes o millor foi Miguel Pérez (Lucus) con un millor salto de 1.91. Xa nos lanzamentos o millor foi Manuel Uriz (Fent Camí Mistaja) con 67.52 na xavalina.

MG (Foto: Antón Gómez)

Compartir: