Resultados

As pistas do INEF Galicia xa contan ca homologación. A instalación volverá a acoller competicións

A Federación Galega de Atletismo recibiu nos últimos días o informe favorable da homologación das pistas do INEF Galicia por parte da Real Federación Española de Atletismo, polo que a instalación xa poderá voltar a acoller numerosas competicións. A ubicación destas pistas é boa, xa que conta cunha importante protección do vento e dun entorno con gran beleza paisaxística. Está prevista a organización de competicións nos vindeiros meses.

Compartir: