Resultados

I Meeting Popular en pista Celta Atletismo

O Real Club Celta de Atletismo e o Club Atletismo Feminino Celta, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Comité Galego de Xuíces, Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e ABANCA, organizarán no mes de Maio o “1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”.
Dita competición nace coa intención de impulsar a competición de pista no Atletismo Popular e darlle difusión á competición de Liga Nacional de Clubs de División de Honra que terá lugar ese mesmo día; nun mesmo día convivirán o atletismo popular co atletismo en pista ao máximo nivel. Ademais, tamén haberá competición para os nenos e nenas en idade escolar.
Data e instalación: O “1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO” terá lugar o vindeiro sábado 9 de maio a partir das 10:00 horas nas Pistas Municipais de Atletismo de Balaídos (Vigo).
A inscrición estará aberta a ata o 05/05/15 ás 22:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo Inscripción Regulamento

Compartir: