Resultados

Finaliza con éxito a concentración de marcha da FGA e da Escola da Diputación de Pontevedra

Chegou ao seu fin a concentración de de a Escola Galega de Marcha Atlética (ESGAMAR) da Diputación de Pontevedra, onde durante 4 días, moitos atletas do club gozaron das mellores condicións para adestrar e seguir formándose, no Hotel Os Naranjos, na Revolta, Noalla.
Na imaxe, o grupo pousa xunto ao presidente da Federación Galega de Atletismo, Isodoro Hornillos, quen brindou unha pequena charla, transmitindo os seus coñecementos e consellos, pola súa experiencia e formación como atleta olímpico e Doutor en Educación Física, Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Así mesmo esta concentración serviu para a presentación e contacto con outro gran coñecedor deste deporte, o novo responsable galego do sector de marcha e director da escola, Óscar Fernández, responsable e director da propia concentración.
O grupo estivo dirixido por Jose A. Pardal, Carlos Morais e Samantha Mulloni como adestradores e responsables no día a día.
Os atletas do Club Atletismo Cuntis presentes foron Iria Rivas, Alex Novás, Noa Ramírez, Ainhoa Millán e Sidnney Hdez.
Tamén estiveron Smail Laaribi, Antía Chamosa, Emilio Novás, Carmen Fontes, Carmen Escariz, Debora Pato, Rocío Carbia e Christian Curopos. Finalmente, o internacional Fran Durán incorporouse aos adestramentos.
Todos eles conviviron e adestraron con atletas doutras localidades galegas, a maioría compañeiros da Escola da Diputación de Pontevedra, como as prometedoras atletas do Vila de Cangas, Valeria Fernández e Ana Piñeiro.Ademais de atletas do Barbanza, Olímpico de Vedra, A. Friol, A. Ourense, Beade, Running Lugo, Ría Ferrol, Comesaña e Celta,tales como :Nerea Lage, Vanesa Branco, Noelia Sanchez. ,Miguel A. Sánchez Marcos Burgo, Héctor Rodríguez, Luzia Méndez, Ainhoa Vázquez ,Celia Carracedo ,Leyre Aramburu é Inés Valentín FOTOS

Compartir: