Resultados

Gran xornada de atletismo en Vigo

A serie municipal pecha as xornadas de inverno con medio millar de participacións e dezaseis mínimas para os campionatos de España
Intensa mañá de atletismo cunha desbordante participación, novamente de récord, ao rozar o medio millar, na segunda xornada de inverno da serie municipal disputada en Balaídos. Climatoloxía algo fría pero soleada que propiciou o bo desenvolvemento das probas. (Ir a noticia completa ) Resultados

Flor Currás

Impresionante o rendemento na primeira serie feminina do 1500 m, que abriu a xornada, con oito marcas mínimas das respectivas categorías. Solange Pereira (VTM) asinou 4.34.00 rodando en solitario toda a carreira, tras os 4.23.16 de onte na pista cuberta de Braga, mínima absoluta baixo teito e ao aire libre. Súmanse Rocio Rodríguez (SGP) e Eva Cid (CSC), ambas as dúas promesas, Ángela González (Comesaña SC), júnior e as xuvenís Claudia Blanco(At Noia), Elba Vélez(At Lucense), Ana García (ADAS) e Lucía Suárez(Noia). Os 1500 m masculinos deixáronnos púgnaa entre Tariku Novales (Noia) e Víctor Riobó (At. Santiago), ambos os dous entraron á par, con cronos de 3.58.32 e 3.58.33, seguidos por Fernando Vales (Santiago) e Adrián Lago (CSC). Mínima xuvenil para Novales e júnior para Vales e Lago.
Mentres, en martelo, Isaac Vicente (Marathón) quedaba a catro cm da mínima de aire libre, lanzando 62.46 m, con toda a tempada por diante, e Nacho Fernández(RCCV) reafirma a súa volta asinando 59.18 m, novo récord galego de veteranos +35. Curiosamente o máis rápido nos 60 m foi Javier Fidalgo, que tamén establece unha nova marca ao aire libre nesa categoría con 7.31, igualando a de pista cuberta. Nos 60 m femininos, a cadete do Cuntis Claudia Torres logro o pase aos seus campionatos correndo en 8.14. Noa Rouco(V. Cangas) foi a única en baixar do minuto en 400 m e en asegurar a participación no de España xuvenil.
Nos saltos, Alfonso Palomanes (FC Barcelona) puxo a nota de calidade cun rexistro de 14.89 m, na súa primeira actuación da tempada. Destacou tamén Sergio García Villafines (RCCV), que saltou 1.84 m en altura e 3.80 m coa pértega, ambas as dúas mínimas xuvenís, ao igual que a de Saray Amoedo(VC) en triplo salto, con 10.83 metros.