Resultados

Campionato de España de Federacións 1ª categoria. Galicia intentará manterse na 1ª categoría

A Selección Galega desprazarase mañá venres ata Zaragoza para disputar o dia 25 en Zaragoza o Campionato de España de Federacións de 1ª Categoría.
Maila algunha baixa importante para a selección, Galicia presentará unha forte Selección tanto en homes como en mulleres e tratará de manter as mesmas posicións logradas en ano pasado en Vigo.
A pista do Centro Aragonés do Deporte, en Zaragoza, é a instalación que acolle ás oito federacións que van competir na 1ª categoría e as que disputarán o título de campión de España por federacións, a competición dispútase en dúas xornadas de mañá e tarde o sábado día 25 de xuño.
A novidade máis importante nesta edición será que por primeira vez o título o gañará a federación que tras realizarse unha clasificación conxunta de homes e mulleres acade a maior puntuación, non como ata agora que se outorgaba un título para a categoría masculina e outro para a feminina. Cataluña é a actual campiona tanto en homes como en mulleres. Numerosos atletas galegos poden optar ao título individual nas súas probas, contribuíndo así a unha maior cantidade de puntos para o equipo blanquiazul.

Viaxe a Zaragoza

Para unha maior comodidade dos atletas galegos a FGA optou por alugar 7 vehículos para facer esta viaxe tan longa. Os coches saldrán de numerosas partes de Galicia a distintas horas. É moi importante que os atletas leven xa posto o chandal da selección e unha equipaxe lixeira. Plan viaxe – Selección Galega

Reportaxe do Campionato no programa “Citius, Altius, Fortius”

No vindeiro sábado e domingo 2 e 3 de xullo emitirase no programa “Citius, Altius, Fortius”, un resumo da actuación dos atletas galegos en Zaragoza.