Resultados

Aviso importante para os atletas cadete da selección galega no Campionato de España por comunidades do CSD

Comunicamos que todolos atletas integrantes da selección galega publicada na Circular 46-2011, deben achegarse este xoves día 9 ás súas delegacións mais cercanas para recoller a equipación da selección. Os lugares de recollida son os que indicaron os atletas ao confirmar a súa participación, excepto Iago Setien que recollerá a roupa no autobús e Laura Chapela que terá a roupa en Vigo. Calquer problema ou dúbida poden contactar co secretario da FGA en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Roupa da selección en propiedade e préstamo

Co fin de facer unha mellor xestión das equipacións da selección galega tódolos atletas recibirán en propiedade o seguinte material: calcetíns, polo de paseo, camiseta técnica quencemento, pantalón e camiseta competición e unha mochila grande. Mentres que levará prestada e por tanto terá que devolver á FGA ao rematar a competición o chandal e as bermudas de paseo, para que as mesmas poidan ser reutilizadas en vindeiros anos. Os atletas que desexen quedarse con este material poderán adquirilo a un precio moi especial.

Plan de viaxe

Hoxe publicouse o plan de viaxe, o mesmo pode contemplarse na Circular 46-2011.