Eva Iglesias: vencedora en Podebrady

Na localidade checa de Podebrady, Eva María Iglesias gañou o encontro Internacional de marcha, no que as outras dúas españolas (Ainhoa Pinedo e Lorena Luaces) xogábanse a praza para a Copa de Europa de Olhao (Portugal), con 1.34.28 sendo de novo o seu MMP , mellorando máis de tres minutos o seu MMP anterior do Cto de España, e Bolsa Internacional. España quedou así campioa do encontro xa que Ainhoa Pinedo foi 3ª, aínda que Lorena Luaces foi descualificada cando apenas transcorría o Km 5.
A atleta pontevedresa militante no Bidezábal, confirma así a súa inclusión na elite da marcha nacional, sendo esta unha gran noticia para a marcha galega, e agora espera noticias por parte da RFEA de face á confección do equipo nacional que forme parte na Copa de Europa de Nacións en Olhao (Portugal) xunto con Maria Vasco, Beatriz Pascual e Julia Tackacs Resultados

Compartir: