Pontevedra acolle este fin de semana a Concentración de Marcha do Nadal

Perto de 50 marchadores galegos están convocados para participar os días 7, 8 e 9 de xaneiro na Concentración de marcha promovida pola Escola Galega de Marcha, dirixida polo atleta olímpico Santiago Pérez. A concentración terá lugar en Pontevedra na Residencia Príncipe Felipe. Tódolos atletas que desexen participar deben confirmar a súa participación antes do día 5 de xaneiro no email secgeneral@fgatletismo.com. Mais información na Circular 1-2011.

Compartir: