A FGA destinará máis de 51.000 euros en becas para atletas galegos de alto nivel

A Federación Galega de Atletismo fará pública nestes días a Circular correspondente ao listado definitivo de atletas becados oficialmente por esta federación e que suporá un orzamento de máis de 51.000 euros. Este ambicioso proxecto sitúa á Federación Galega de Atletismo dentro das federacións punteiras en toda a xeografía española no seu apoio decidido cara aos atletas galegos. A esta cantidade sumarase os 7.000 euros destinados aos atletas veteráns en concepto de axudas a viaxes a Campionatos de Europa e Mundiais. Asemade, tamén en breve abonarase a cantidade correspondente aos núcleos de tecnificación. (Circular 84-2010. Click AQUÍ)

Compartir: