Presentación del Servicio Médico

Nesta páxina ofrecerase información relevante vinculada ca mediciña deportiva, de interese tanto para os atletas federados como populares. Pretendemos facer un foro de información obxectiva e axudar ós nosos deportistas a coñecer aspectos que poden ser relevantes no só para protexer a súa saúde senon tamén para mellorar o seu rendemento atlético. De forma progresiva iremos enriquecendo esta WEB.
Consideramos recesario recordar ca Lei Xeral do Deporte de Galicia expresa no seu artigo 46 (Título IV: Actividade Deportiva, na súa disposición xeral) que: “Todos os deportistas que realicen actividade deportiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia nos términos da presente lei gozarán da protección e asistencia dos órganos correspondentes da Administración autonómica, e singularmente da asistencia médico-sanitaria en caso de lesión ou accidente deportivo, a través do sistema de sanidade pública ou, no seu caso, mediante os oportunos convenios con entidades privadas”. Non houbo ningunha disposición posterior engadida á citada Lei polo que existe un baleiro legal que afecta ás Federacións Deportivas Galegas e Servizos Provinciais da Xunta de Galicia cando expiden licenzas deportivas, sen ter constatación científica da aptitude médica do practicante. O problema agrávase porque en Galicia apenas existen centros especializados en Medicina Deportiva. Por elo é necesario reforzar a seguridade da práctica atlética competitiva, en especial nas categorías de veteranos.
Existe un acordo xeneralizado, a nivel médico e a nivel doutros estamentos deportivos, sobre a necesidade de realizar recoñecementos médicos previos á participación en actividades deportivas. O Comité Científico da Federación Internacional de Medicina do Deporte (FIMS) defende a necesidade de realizar unha valoración médico-deportiva nos practicantes maiores de 35 anos que inicien ou reemprendan unha actividade física de competición ou ata de tipo lúdica. A necesidade de realizar recoñecementos médicos previos á práctica deportiva pode xustificarse desde dous puntos de vista:

1. Para descartar posibles patoloxías, enfermidades, defectos ou lesións que, ante unha actividade deportiva, poden poñer en perigo ata a vida do atleta, en formas de morte súbita.
2. Para identificar posibles patoloxías, enfermidades, defectos ou lesións que, non representando un risco para a vida do atleta, si que afectan á posibilidade de practicalo con maior seguridade.

Compartir: