Resultados

Saúdo do Presidente

Damos a benvenida á WEB oficial da Federación Galega de Atletismo a todas aquelas persoas que nos visitan. Estamos traballando día a día para ofrecer unha información máis extensa e puntual sobre todo o concernente ao atletismo galego. Nesta lexislatura modificouse o formato e estanse engadindo novos contidos á páxina coa intención de responder aos intereses de todos os estamentos do noso deporte: atletas, clubes, adestradores e xuíces. Pero tamén ao atleta popular e afeccionado ao atletismo ou deporte en xeral que visita regular ou puntualmente esta WEB.

O atletismo regulado en Galicia é un deporte practicado desde principios do século XIX. En 1913 xa se celebrou unha competición no Campo de Coia (Vigo) e en 1915 os denominados Xogos Olímpicos, nese mesmo recinto. No entanto, nun contexto máis popular, existen referencias constatadas da Corrida da Hogaza, ou carreira de 150 pasos practicada na romaría de San Roque, xa en 1840, cuxo gañador recibía un pan de 5 libras. Desde entón a práctica atlética foi ampliándose pola xeografía autonómica e hoxe o tecido deportivo de moitos concellos galegos está enriquecido coa importante actividade que desenvolven os clubes de atletismo.

O encomiable esforzo que desde sempre realizaron os nosos atletas, adestradores, clubs e xuíces situaron ao atletismo galego en lugares de privilexio, non soamente no contexto español senón tamén a nivel internacional. As dificultades non foron poucas e sortealas, como sucede na actualidade, implica un esforzo engadido que temos que realizar todas as persoas que formamos parte da familia atlética de Galicia. Pero o facemos cunha grande entrega e satisfacción, convencidos dos beneficios da práctica dun deporte tan formativo e fundamental como é o atletismo e responsabilizados en ofrecer á nosa sociedade un deporte que sexa atractivo e útil. É tarefa de todos melloralo día a día.

Como Presidente da Federación Galega de Atletismo agradezo o voso apoio e colaboración.

Un afectuoso saúdo:

Isidoro Hornillos Baz