Resultados

A Federación Galega de Atletismo

.

A práctica das diferentes especialidades atléticas é a forma organizada máis antiga do deporte e vénse celebrando desde fai miles de anos a través de diferentes culturas. A Federación Galega de Atletismo creouse oficialmente o 27 de marzo de 1921 nos salóns da Sociedade Coral A Oliva (Vigo), sendo o seu primeiro Presidente Enrique Blantle e Secretario Xeral Joaquín Freijeiro. Desde entón dirixiron a Federación un total de 16 presidentes, incluido o actual, Isidoro Hornillos.

A restauración olímpica protagonizada polo barón Pierre de Coubertin (Atenas, 1896) influíu poderosamente sobre o futuro do deporte moderno e anos máis tarde (1912) creouse a Federación Internacional de Atletismo, organismo que rexe este deporte a nivel mundial. En 1920 constitúese oficialmente a Federación Española, baixo o nome de Federación Atlética Española, anos logo da Federación Catalá (1915), da Federación Guipuzcoana (1916) e da Federación Castelá (1917).

A actividade da FGA desde a súa fundación mantívose ata 1958, ano na que se disolve e se implanta en Galicia o sistema de Federacións Provinciais, como órganos independentes entre elas. No ano 1984 vólvese a constituír outra vez a Federación Galega, sendo o seu Presidente Sergio Vázquez, quen se mantivo á fronte deste organismo ata 2006.

A sé central da Federación Galega de Atletismo atópase na actualidade na Coruña, tendo Delegacións Federativas nas grandes cidades de Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). A súa Asemblea Xeral está composta por 73 membros que representan aos estamentos de clubs, atletas, adestradores e xuíces, elixidos de forma democrática. Conta tamén cunha Comisión Delegada. O órgano executivo da federación é a súa Xunta Directiva, que é asesorada por diferentes comisións e comités.

A Federación Galega de Atletismo dispón dunhos órganos de goberno e representacón que son o Presidente, Asemblea Xeral e Comisión Delegada. Asemade son órganos complementarios para asistir ao Presidente a Xunta Directiva, o Secretario Xeral e a Tesoreira. Pola súa banda son órganos de funcionamento da Federación: O Comité Galego de Xuíces; O Comité Técnico; A Comisión de Clubs; A Comisión de Atletas; A Comisión de Adestradores; O Xuíz Único ou Comité de Competición; O Comité de Apelación; o Comité de Jurisdicción; O Comité de Atletas Veteranos e a Escola Galega de Adestradores. Asemade, outros órganos, comités ou comisións que o Presidente considere oportunos poñer en funcionamiento. (Resumo dos artigos 10 e 11 dos Estatutos en vigor da FGA, aprobados pola Xunta de Galicia, conforme a actual Ley Xeral do Deporte de Galicia, 1997). No ano 2013, modificáronse os estatutos da FGA en función da Lei do Deporte de Galicia do 2012 (Lei 3/2012). E no ano 2015 cumplindo cas obrigas das Federacións Deportivas Galegas derivadas da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno publícase información económica, orzamentaria e estatística: art. 8, (Click aqui) reflexando este documento información sobre convenios subscritos cas administracións públicas, subvencións e axudas concedidas pola entidade ou recibidas dunha administración pública, retribucións anuais dos máximos responsables e demáis membros federativos, orzamentos federativos, contas anuais, Coñezca as persoas que compoñen cada unha delas:

CARREIRA GALEGAS
Avda. de Glasgow, 13.
Complejo Deportivo de Elviña
15008 A Coruña (Galicia) / ESPAÑA
Teléfono Centralita: (981) 291799
Pagina Web: http://www.carreirasgalegas.com/
correo electronico: info@carreirasgalegas.com