Resultados

Becas e Axudas FGA 2011

A Federación Galega de Atletismo, aparte da oferta anual de competicións organizadas, así como da participación da Selección Galega nos diferentes campionatos por Comunidades Autónomas, destina unha parte moi importante do seu orzamento anual en BECAS E AXUDAS, a través dos seguintes programas:

1. Sistema de Becas para Atletas Galegos de Alto Nivel. (Ver Circular). Dirixido a aqueles atletas galegos que alcancen o rendemento mínimo esixido nas bases da convocatoria. As contías das bolsas, que teñen carácter anual, dependendo do nivel deportivo, oscilan entre: 12.000 €; 10.000 €: 8.000 €; 6.000 €; 4.000 €; 2.000 €; 1.000 €; 600 € e 400 €. Ofértanse conxuntamente coa Fundación Deporte Galego.

2. Sistema de Premios pola participación coa Selección Galega.
Independentemente das bolsas, repartiranse anualmente 12.000 € aos compoñentes da Selección Galega que interveñan no Torneo de Federacións Autonómicas, segundo os puntos alcanzados en cada actuación individual.

3. Sistema de premios por marcas galegas absolutos batidos. Cada vez que un atleta logre bater unha Marca Galega Absoluto ao aire libre en probas olímpicas individuais durante a tempada 2009/2010, concederáselle un premio de 300 €, ata un máximo de 2 pagos ao ano por atleta e proba. No caso das substitucións esta cantidade multiplicarase por 2 e dividirase entre 4.

4. Sistema de Axudas en Material Deportivo
. Dirixido aos atletas das categorías inferiores (alevíns, infantís e cadetes), con cantidades que oscilan entre os 50 e 150 €.

5. Sistema de Subvencións aos Clubs que teñan recoñecido un Núcleos de Tecnificación. Destínanse axudas económicas, segundo os criterios publicados, aos clubs galegos que, cumprindo as condicións esixidas no Plan Galego de Tecnificación, soliciten, en prazo e forma, o recoñecemento de Núcleo á Xunta Directiva da FGA.

6. Sistema de Subvencións aos Adestradores que teñan recoñecido un Núcleo de Tecnificación
. Destínanse axudas económicas, segundo os criterios publicados, aos adestradores galegos que, cumprindo as condicións esixidas no Plan Galego de Tecnificación, soliciten, en prazo e forma, o recoñecemento de Núcleo á Xunta Directiva da FGA.

7. Axudas de residencias por estudos. A FGA destina unha cantidade de 6.000 € para este concepto, incompatible co sistema de bolsas para atletas galegos de alto nivel.

8. Sistema de axudas á formación do colectivo de Xuíces. A través do Comité Galego de Xuíces, a FGA destina a cantidade de 4.000 € para afrontar os gastos dos cursos de formación e actualización deste colectivo.

9. Sistema de axudas á formación do colectivo de Adestradores. A través da Escola Galega de Adestradores, a FGA destina a cantidade de 5.000 € para afrontar os gastos dos cursos de formación e actualización deste colectivo.

10. Sistema de Axudas para desprazamentos aos atletas veteranos
.(Ver Circular). Destinado a aqueles atletas veteranos que participen en campionatos de Europa e Mundiais e que obteñan clasificacións destacadas. A contía global a repartir será de 7.000 €.

  • CIRCULARES RELACIONAS CO SISTEMA DE BOLSAS E AXUDAS DA FGA

    • Atletas Alto Nivel [Formato PDF]
    • Axudas Atletas Veteranos [FormatoWord]
    • Listado de Atletas das Categorias Inferiores Becados con Material Deportivo [Formato PDF]
    • Listado de Ayudas Economicas para atletas veterans que participaron en Campionatos Internacionais [Formato PDF]

A Federación Galega de Atletismo, aparte da oferta anual de competicións organizadas, así como da participación da Selección Galega nos diferentes campionatos por Comunidades Autónomas, destina unha parte moi importante do seu orzamento anual en BOLSAS E AXUDAS, a través dos seguintes programas:

1. Sistema de Becas para Atletas Galegos de Alto Nivel. (Ver Circular). Dirixido a aqueles atletas galegos que alcancen o rendemento mínimo esixido nas bases da convocatoria. As contías das bolsas, que teñen carácter anual, dependendo do nivel deportivo, oscilan entre: 12.000 €; 10.000 €: 8.000 €; 6.000 €; 4.000 €; 2.000 €; 1.000 €; 600 € e 400 €. Ofértanse conxuntamente coa Fundación Deporte Galego.

2. Sistema de Premios pola participación coa Selección Galega.
Independentemente das bolsas, repartiranse anualmente 12.000 € aos compoñentes da Selección Galega que interveñan no Torneo de Federacións Autonómicas, segundo os puntos alcanzados en cada actuación individual.

3. Sistema de premios por marcas galegas absolutos batidos. Cada vez que un atleta logre bater unha Marca Galega Absoluto ao aire libre en probas olímpicas individuais durante a tempada 2009/2010, concederáselle un premio de 300 €, ata un máximo de 2 pagos ao ano por atleta e proba. No caso das substitucións esta cantidade multiplicarase por 2 e dividirase entre 4.

4. Sistema de Axudas en Material Deportivo
. Dirixido aos atletas das categorías inferiores (alevíns, infantís e cadetes), con cantidades que oscilan entre os 50 e 150 €.

5. Sistema de Subvencións aos Clubs que teñan recoñecido un Núcleos de Tecnificación. Destínanse axudas económicas, segundo os criterios publicados, aos clubs galegos que, cumprindo as condicións esixidas no Plan Galego de Tecnificación, soliciten, en prazo e forma, o recoñecemento de Núcleo á Xunta Directiva da FGA.

6. Sistema de Subvencións aos Adestradores que teñan recoñecido un Núcleo de Tecnificación
. Destínanse axudas económicas, segundo os criterios publicados, aos adestradores galegos que, cumprindo as condicións esixidas no Plan Galego de Tecnificación, soliciten, en prazo e forma, o recoñecemento de Núcleo á Xunta Directiva da FGA.

7. Axudas de residencias por estudos. A FGA destina unha cantidade de 6.000 € para este concepto, incompatible co sistema de bolsas para atletas galegos de alto nivel.

8. Sistema de axudas á formación do colectivo de Xuíces. A través do Comité Galego de Xuíces, a FGA destina a cantidade de 4.000 € para afrontar os gastos dos cursos de formación e actualización deste colectivo.

9. Sistema de axudas á formación do colectivo de Adestradores. A través da Escola Galega de Adestradores, a FGA destina a cantidade de 5.000 € para afrontar os gastos dos cursos de formación e actualización deste colectivo.

10. Sistema de Axudas para desprazamentos aos atletas veteranos
.(Ver Circular). Destinado a aqueles atletas veteranos que participen en campionatos de Europa e Mundiais e que obteñan clasificacións destacadas. A contía global a repartir será de 5.000 €.