Resultados

Cita cas combinadas de clubs esta fin de semana en Pontevedra

Un total sete clubs na categoría femenina e catro na masculina tomarán parte esta fin de semana no Campinato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por Clubs que se levará a cabo nas pistas do CGTD de Pontevedra.

Nesta edición presentarán equipos en ambas categorías os conxuntos da Sociedad Gimnástica, Atletismo Ames e Atletismo Sada. O Vila de Cangas presenta equipo na categoría femenina e o Maderas Barcia Lourenzá, Agrupación Viguesa de Atletismo, Atletismo Rías Baixas e Atlética A Silva faranno na categoría masculina.

A formación que dirixe Pepe Domínguez de A Silva intentará revalidar en mulleres o título acadado o ano pasado. Nos homes, e anta a ausencia do vixente campión, o Atletismo Narón, a loita podería estar centrada a priori entre a Sociedad Gimnástica e o Atletismo Sada

O campionato disputarase en dobre xornada arrincando o sábado ás 10:00 horas e dando remate o domindo ás 14:00.

Compartir: