Resultados

O atletismo galego logra catorce medallas nos nacionais da fin de semana

Catorce medallas (dous ouros, cinco pratas e sete bronces), seis récords galegos, unha minima mundialista e dazaseis postos de finalistas, foi o balance total en canto a resultados deportivos, das actuacións dos atletas galegos e galegas nos distintos campionatos de España disputados durante esta fin de semana

Campionato de España de pista cuberta Sub16. (Ourense 25 e 26 de marzo)

Para comezar, un total de 35 atletas galegos estiveron tomando parte durante esta fin de semana nos campionatos de España Sub16 de pista cuberta levados a cabo en Ourense.

De todas as probas, sen lugar a dúbidas foron os 3.000 m. os que reportaron máis alegrías para os interese galegos xa que tanto Sabela Castelo do San Miguel de Marín con 9:49.88 como Alex Sierpes do Trega con 8:44.86 lograban proclamarse campións de España sobre esta distancia xusto unha semana despois de facer o propio no campionato estatal Escolar de cros e confirmando o excelente horizonte do atletismo galego sobre esta modalidade. Para rematar, Carmen Martínez da Escola Atlética lograba o bronce cun rexistro de 10:10.89.

No concurso de peso un magnífico Hugo Casañas lograba mandar o ferro- por vez primeira nesta categoría- por rriba da barreira dos once metros ata deixalo nos 16.11 m. o que reporta para o talentoso lanzador unha millora persoal de  ¡¡49 centímetros!!. Con este rexistro lograba un dobre premio: o subcampionato de España e o récord galego.

Sen abandonar as probas de medio fondo e fondo, o lucense da Escola Atlética Adrián Pérez lograba nunha magnífica carreira facerse ca medalla de bronce sobre os 1.000 m. cun rexistro oficial de 2:41.01 que representan unha MMP. Excelente tamén resultou o comportamento e a actitude amosada por Javier Picos do Marineda quen na proba dos 600 m. tan só cedía a medalla de ouro nos últimos centímetros da proba. Remataba na segunda posicion con 1:22.78 que representan un novo récord galego.

Nas combinadas Celia Fernández do Riazor Coruña, respondía aos prognósticos ao acadar unha reñidísima medalla de bronce (finalmente compartida) cunha puntuación total de 3.416 puntos. As probas fortes da coruñesa sobre as que cimentou o seu bronce, foron os valos e os 600 m.

Por último no concurso de altura, unha motivadísima diante do seu público Iria Solera de La Purísima, lograba un fantástico bronce nacional cun mellor salto de 1.64 m. logrande de igual modo unha destacada quinta posición na final de triplo con 11.44 m

Lograron postos de finalistas Antía Otero e Sergio Fernández no consurso de peso; Nuno Castro en combinadas;  Adrían Bernárdez nos 300 m.;  Iván Casas e Demeku Paniagua, Sabela Martínez nos 1.000 m., e Paula Fernández e Roque González nos 3.000 m. Mención especial para o velocista de o ADAS CUPA Aaron Pérez quen lograba un posto na final dos 60 m. non sen antes lograr nas eliminatorias, un novo récord galego con 7.14.

Campionato de España de 5.000 e 10.000 m. (Burjassot, 25 de marzo)

Dúas pratas, un bronce e tres postos de finalistas foi o balance galego no campionato de España de 5.000 e 10.000 m. desenvolto na localidade levantina de Burjassot esta fin de semana.

Na categoría Sub23 a campioa de Europa por equipos Antía Castro lograba o subcampionato sobre os 10.000 m. cun rexistro oficial de 34:54.55 que afianzan e consolidan a progresión da atleta ourensá. Outra das protagonistas foi a medallista de bronce indoor nacional Sub20 Isabel Caeiro da Gimnástica quen lograba de igual modo, o subcampionato sobre a proba dos 5.000 cun crono de 17:15.70.

Para rematar novo bronce nacional para o lucense do LUCUS Teo de Frutos, quen repetindo o mesmo metal logrado a pasada fin de semana no campionato e España de cros, subía ao terceiro escalón do podio nos 5.000 m. Sub18 con 15:18.35.

Destacamos tamén os cuartos postos de finalistas logrados por Ester Navarrete e Amparo Corredoira así como o quinto lugar de Miguel Alvariño. A galega-venezolana Edymar Brea quen tomaba parte fora de concurso, ramataba nos postos de honra cun rexistro de 32:29.73.

Campionato de España do 20 Km. (Córdoba, 26 de marzo)

O último fronte competitivo importante desta fin de semana ao que acudían atletas galegos, foi o campionato de España dos 20 km. marcha que se levaba a cabo na cidade andaluza de Córdoba.

Nesta edición o máis salientable foi a medalla de bronce lograda pola marchadora da Gimnástica Antía Chamosa, que cedía tan só ante María Pérez e Raquel González.  A marchadora internacional remataba cun excepcional rexistro de 1h.31:27 que representa un novo récord galego absoluto e míninima de participación mundialista en Budapest. Carmen Escaríz do Ourense Atletismo pola súa banda, e recén saída dunha lesión, entraba en meta en posto de finalista con 1h.34:54

No resto de actuacións, bo campionato para Iria Rivas do Ría Ferrol, quinta na categoría Sub20 con 1h.48:10 e oitavo posto para o gimnástico Daniel Chamosa na categoría absoluta quen as penalizacións impedíronlle estar por debaixo dos 1h.25:49 que finalmente rexistraba.

Por último, nas categorías másters dous medallas e dous récords galegos. Soledad Pousa do Ourense Atletismo na F50 lograba o subcampionato nacional con 2h.14:20 (RG) e Emilia Rodríguez do C.A.Sada, colgábase un traballado bronce na F45 rematando con 1h.56:31 (RG)

Compartir: