Resultados

Focos postos esta fin de semana nos nacionais de Burjassot e Córdoba

Dúas novas citas de rango estatal serán as que esta fin de semana agarden a galegas e galegos, sendo a primeira das mesmas a que terá lugar na cidade levantina de Burjassot, ata onde desprazaranse un total de doce atletas na procura dun bo resultado.

Entre a relación de participantes no Campionato de España de 10.000 e de 5.000 m. destaca a presenza das flamantes internacionais e campioa de España de campo a través Sub18 Xela Martínez e Edymar Brea e quenes aspiran a reeditar en pista a excelente campaña efectuada a nivel invernal. A internacional Ester Navarrete tamén estará aportando calidade a esta edición.

A nada menos que campioa de Europa de cros por equipos en Turín Antía Castro, será outra das que tome parte  nos 10.000 Sub23 ao igual que Hugo García do Celta na categoría masculina

O medallista de bronce nacional Sub18 de campo a través Teo de Frutos do LUCUS estará tomando parte nos 5.000 m. Sub18 xunto a Asheber Díaz do Real Club Celta. Completan a relación de galegas nesta categoría Amparo Corredoira e Miguel Alvariño da Atlética Lucense.

Por último, presenza da campioa galega de cros Sub20 Isabel Caeiro da Gimnástica xunto á cal estarán tamén os campións galegos da mesma categoría en pista cuberta Mateo Rodríguez do Celta e Iván Rego do Lucus.

Campionato de España de 20 Km Marcha.

As internacionais Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra e a estradense Carmen Escaríz do Ourense Atletismo, serán as abandeiradas galegas no campionato de España dos 20 Km que se disputará en Córdoba o vindeiro 26 de marzo.

Tanto para a mundialista en Omán do ano pasado -que ven de sair dunha lesión de isquio-, como para a pontevedresa bronce europeo Sub23, esta será un dos primeiros test importantes desta tempada.

Xunto elas estarán na cita andaluza tomando parte Daniel Chamosa da Gimnástrica; Iria Rivas do Ría Ferrol; Mar Chillón do A.F.Celta; a medallista nacional máster do Atletismo Sada Emilia Rodríguez así como a tamén máster Soledad Pousa do Ourense Atletismo.

 

Compartir: