Resultados

Excelentes campionatos de España para as categorías Sub20 e Máster

Un total de seis medallas nos sub20 e corenta e tres nos máster foi o balance da actuación galega nos campionatos de España disputados durante esta fin de semana nas localidades de Sabadell e Antequera.

Comezando polo cidade catalana onde tomaron parte os Sub20, o máis salientable foron os excelentes resultados dos nosos e nosas representantes no que destacaron os subcampionatos  de España acadados por Xiana Lago do Ría Ferrol no concurso de peso no que mandaba o artefacto no seu segundo lanzamento ata os 13,48 m. apenas só a tres centímetros do título. Lucía Sánchez del Valle da Escola Atlética no concurso de pentatlón, foi outra das destacadas rematando a súa actuación ca medalla de prata e unha puntuación total de 3.543 dos cales a proba dos 60 valos foi a que máis puntuación lle reportaba.

De igual modo tamén estiveron no podio nacional Isabel Caeiro da Gimnástica de Pontevedra na proba dos 3.000 m. con 10:25.34;  Emma Sihuang Pérez da Atlética Lucense en altura con 1.73,  e a internacional Diaou Diallo do Ría Ferrol que tivo que agardar ata o seu último salto para chegar ata os 12.33 m. cos que conseguía subir ao podio no concurso de triplo. Na categoría masculina foi Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenzá quen co seu primeiro intento de 15.67 m. lograba a medalla de bronce no concurso de lanzamento de peso.

Mención especial nestos campionatos para Carlota Salgado do A.F.Celta no pentatlón; Ainhoa Reparaz do Val Miñor nos 200 m.;  Iván Rego do Lucus nos 3.000 m. e Xoel Otero do Mazí no pentatlón, todos elas e eles finalistas desta edición

Campionato de España máster

De igual modo ata a localidade malagueña de Antequera viaxou o importante número de galegas e galegos que tomaron parte no campionato de España máster indoor de onde regrasaron cun botín de corenta e tres medallas ( 21 ouros, 10 pratras e 12 bronces) e dez récords galegos batidos.

O máis salientable foron os títulos nacionais de Miguel Gómez do Real Club Celta quen na categoría M40 lograba o triunfo sobre os 60 m. e os 200 m. Importante tamén foron os dous ouros do saltador de A Silva Basi Bernárdez en triplo e lonxitude M45 quen logo de superar varios problemas físicos, volvía pola porta grande dun campionato. Tamén resultou destacada a actuación de Juan Luis Paz do Atletismo Narón cun ouro e dúas pratas na categoría M50 nas probas de 60 valos, altura e pentatlón.

Na categoría femenina a plusmarquista mundial Ester Pedrosa na F60 facía bos os prognosticos ao facerse cos títulos nacionais dos 800 m. e dos 3.000 m. Por último a atleta do Atletismo Sada Nieves Vázquez na categoría F50 lograba un dobre récord galego sobre os 60 m. e un bronce sobre esta proba.

Compartir: