Resultados

Representación galega no Campionato de España máster de maratón

Esta fin de semana dispútase en Murcia unha nova edición correspondente ao Campionato de España Máster de maratón ao que acuden a tomar parte un total de noventa atletas de todo o Estado. Por parte galega, estarán presentes dez maratonianos entre os que destaca a presenza de Jose Casado do Burgas Ourense, cuarto clasificado na categoría M45 no nacional do ano pasado.

Xunto ao atleta ourensá estarán compitindo Roi Martínez, Pablo M. García na categóría M35; Diego Martínez, Alvaro Prieto, Rubén Airas, e Javier Paredes na M40; Santiago García e Marcos Groba na M45 e  Antonio Vázquez na categoría M50

Os clubs galegos representados serán o Burgas Ourense, Fisioterapias San Lázaro, Atletismo Corredoiras e Ourense Atletismo

Compartir: