Gran éxito de atletismo galego nos europeos de campo a través

Marabillosa e sensacional  xornada a vivida no día de onte polo atletismo galego nos campionatos de Europa de Campo a través desenvoltos na localidadde italiana de Turín.

Ata ela acudían tres das nosas e nosos atletas integrados na categoría femenina Sub20 e na absoluta de relevos mixto logrando en ambos casos subir ao podio da cita continetal.

As primeiras en sair ao circuito do Parque La Mandria foi o equipo feminino Sub20 integrado por María Forero,  Iraia Medía, María Viciosa, Marta Serrano e as galegas Antía Castro  Inés Docampo.   A nivel individual o triunfo correspondeu á onubense María Forero quen abría as portas ao título por equipos xogando un papel determinante a décimo primeira posición de Antía e o quintoaxésima terceira de Inés, que xunto ao resto da actuación do equipo, permitiron que España se proclamara campioa de Europa de seleccións por diante de turcas e xermanas.

Sen apenas tempo de dixerir o excelente resultado, acontecía ao outra fantástica nova protagonizada polo equipo de relevos mixto na que tomaba parte o olímpico Adrián Ben e Solange Pereira acompañados por Jesús Gómez e Rosalia Tárrega. O cuarteto hispano lograba o subcampionato continental cedendeo tan só ante a selección anfitrioa de Italia por tan só un segundo.

Con estos excelentes resultados, o atletismo galego regresa á senda dos éxitos por equipos a nivel continental como xa o fixeran Julia Vaquero no ano 1997 co seu bronce na categoría absoluta ou Alejandro Gómez cos ouros dos anos 1995, 2001 e 2202 e a prata de edición do 1994.

 

Compartir: