Resultados en directo

Deron comezo os XOGADE de campo a través

O pasado día 24 de setembro daba comezo en O Barco unha nova campaña do Deporte Escolar XOGADE, malia que sería esta fin de semana cando se disputaban as primeiras probas das fases zonais de campo a través nas localidades de Sada e Ferrol cun amplo número de colexios e entidades participantes.

Para este ano contarase cun total de 15 xornadas de cros destacando entre as mesmas, os campionatos provincias dos días 11 de febreiro en A Coruña e Ourense e a do día 12 do mesmo mes en Lugo e Pontevedra.

Para o campionato galego tanto a data como a sede que se barallan son a o día 4 de marzo na Pobra do Caramiñal, agardándose nas vindeiras datas confirmación ao respecto diso.

XOGADE

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma.

O programa XOGADE combina o programa deportivo e competitivo (escolar e federado) cun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros educativos de toda Galicia sendo o obxectivo primordial desta a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen esquecer nin deixar de lado o rendemento deportivo, pero asegurando que todos os escolares poidan ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas sen que exista ningún tipo de discriminación.

Calendario XOGADE de campo a través

Modalidade Fase Data
Pista Zona Valdeorras 23 de setembro
Campo a Través Fase Zonal A Coruña 12 de novembro
Campo a Través Fase Zonal Ferrol 13 de novembro
Campo a Través Fase Zonal Santiago 02 de decembro
Campo a Través Fase Zonal Santiago 17 de decembro
Campo a Través Fase Zonal Ferrol 17 de decembro
Campo a Través Fase Zonal Ourense 17 de decembro
Campo a Través Fase Intercomarcal zona A Coruña 14 de xaneiro
Campo a Través Fase Zonal Ferrol 15 de xaneiro
Campo a Través Fase Zonal Santiago 21 de xaneiro
Campo a Través Fase Zonal Ourense 21 de xaneiro
Campo a Través Fase Intercomarcal zona Ferrol 22 de xaneiro
Campo a Través Fase provincial A Coruña 11 de febreiro
Campo a Través Fase provincial Ourense 11 de febreiro
Campo a Través Fase provincial Lugo 12 de febreiro
Campo a Través Fase provincial Pontevedra 12 de febreiro
Campo a Través Campionato Galego XOGADE 04 marzo (por confirmar)

 

Compartir: