Resultados en directo

Correndo X Ourense xa ten data para as súas premiacións

Xa sabemos as datas de premiacións das gañadoras e gañadores nas distintas categorías e modalidades do Circuito de Carreiras Populares Correndo X Ourense.

Logo da disputa, cun notable éxito tanto no organizativo como no competitivo, das probas de O Vinteún (03 de abril); O Couto (28 de maio); Centro (18 de xullo); Universidade (4 de setembro); A Ponte (25 de setembro) e a última de A Carballeira do pasado 23 de outubro, resultaron gañadores e gañadoras absolutas Begoña Domínguez cun total de cinco puntos na categoría feminina e Rubén Diz con seis puntos na masculina. A carón dos vencedores e vencedoras estarán na zona de podio Antía Rodríguez e Vicky Losada en mulleres así como  Héctor Rodríguez e Albino Fernández en homes.

A entrega de trofeos será o vindeiro día 19 de novembro ás 19:00 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios, sendo a entrega dos agasallos para todos aqueles/as que realizaron 5 ou 6 das carreiras do circuíto, durante o venres 18 de novembro de 16:00  a 20:00 horas, e o 19 de novembro de 10:00 a 20:00 horas.

Relación de gañadoras e gañadores absolutos

Relación de gañadoras e gañadores do resto de categorías

Relación de atletas con dereito a agasallo

Compartir: