Resultados en directo

Os clubs galegos, referentes do campo a través

Esta fin de semana e como xa informamos, terá lugar en Atapuerca o Campionato de España de Campo a través por clubs ao que acuden un total de vinte e un conxuntos galegos que tomarán parte nas categorías absoluta, Sub23, Sub20, Sub18, Sub16 e relevos mixtos.

Con este certame bota a andar a nivel estatal a tempada da campo a través, modalidade esta, que conta na nosa Comunidade cunha gran e destacada pegada como así o demostran os importantes éxitos logrados polos nosos equipos ao longo destes cincuenta e seis anos de campionatos.

Galicia referente do campo a través

A primeira edición dun Campionato de España de Campo a través individual celebrouse en Madrid no ano 1916 , téndose que agardar ata o ano 1966 para que a Cidade Condal inaugurara un campionato por equipos. Precisamente aquel primeiro ano, foi o equipo do F.C.Barcelona quen lograba o título nacional inaugurando un palmarés ao que moi pronto comezarían a asomarse os equipos galegos.

En apenas dous anos desde a primeira edición, daba comezo unha das épocas máis importantes do noso deporte a nivel campo a través grazas aos éxitos que protagonizou o Real Club Celta, gran domiñador do atletismo nacional masculino durante catro edicións: 1968 (con dobre campionato), 1969 e 1971. Formaban parte de aquel mítico Celta auténticas lendas do noso deporte como Carlos Pérez, Javier Álvarez Salgado, Manuel Augusto Alonso, Rubén Sanmartín ou Moncho Tasende entre outros.

O éxito do conxunto celeste extendeuse tamén a nivel europeo xa que no ano 1970, tomaba parte na Copa de Europa de clubs en Bélxica onde lograba un formidable terceiro lugar.

Outro dos grandes periodos de hexemonía galega nos campionatos de España por clubs, foi o que logrou unha das formacións que xuntou baixo o seu escudo a toda unha xeración de talentosas e talentosos atletas que marcaron a historia máis brillante do noso deporte. Julia Vaquero,  Alejandro Gómez, Estela Estévez, Carlos Adán, Elisardo e Carlos de la Torre, Esther Pedrosa, José Ramón Rey ou Paula Hernández entre outras e outros, lideraron aquela mítica formación do New Balance que baixo as denominación do New Balance San Miguel de Oia e New Balance A.C non tería rival na categoría feminina durante o lustro comprendido entre 1993 ao 1997, acrecentando a súa lenda ca consecución de dous subcampionatos europeos da modalidade. Si estos eran os logros do equipo feminino, o masculino tamén aportaba títulos a entidade como os logrados nos campionatos de España de 1995 e 1996.

Éxitos das categorías inferiores

Tamén nas categorías inferiores os clubs galegos deron mostras da súa enorme calidade e talento como así o demostran os nada menos que corenta e un títulos (cincuenta e dous contando os títulos absolutos) logrados polos nosos conxuntos ao longo de todo este tempo. Entre os mesmos compre salientar ao San Miguel de Oia (nas dúas distintas denominacións) Real Club Celta, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Comesaña Sporting Club, Atlética Lucense, New Balance, Sociedad Atlética de Vigo, Universidade de Santiago, Mercantil de Vigo e os clubs do Ourense Atletismo e o Atletismo Narón (con distintas denominacións)

Equipos galegos gañagores do Campionato de España na categoría Feminina

  • Absoluta: New Balance San Miguel de Oia (1993/94/95/96/97)
  • Sub23: New Balance San Miguel de Oia (1993) S.Gimnástica (1996) Universidade de Santiago (2001)
  • Sub20: R.C.Celta (1984/85/92) San Miguel de Oia (1995) C.A.Sierra Narón (1997) Vila de Cangas (1999) Comesaña S.C. (1994)
  • Sub18: R.C.Celta (1980/81/82/83/96) Vila de Cangas (1999)
  • Sub16: Val Miñor (2009) Atlética Lucense (2021)

Equipos galegos gañagores do Campionato de España na categoría masculina

  • Absoluta: R.C.Celta (1968/69/70/71) New Balance (1995/96)
  • Sub23: San Miguel de Oia (1988/1989/1990/1991/1992/1993) e Ourense Atletismo Academia Postal (2007)
  • Sub20: R.C. Celta (1968/1980) Sociedad Atlética de Vigo (1969) San Miguel de Oia (1987/88/89/91/93/94)
  • Sub18: R.C. Celta (1967/71/78/79) San Miguel de Oia (1985) S.Gimnástica (1997) Vila de Cangas (1998) Mercantil de Vigo (1999)

Foto: Vida Atlética de Galicia

Compartir: