O Club Atletismo Sada logra un bronce no nacional mixto máster

Excelente campionato de España Máster Mixto o disputado esta fin de semana na localidade de Durango polos equipos galegos de Atletismo Sada e Samertolameu

Foi precisamente o conxunto sadense quen novamente lograba un novo podio nun campionato nacional máster ao lograr o terceiro posto da clasificación logo de sumar unha puntuación total de 150,5 p. Non menos destacado resultaría o noveno posto acadado polo conxunto de Moaña quen remataba cunha puntuación total de 113,5 p.

Os triunfo individuais foron parar no Samer ás mans de Yobana Bermúdez nos 3.000 marcha; Manuel Lemos nos 400 m. e un excelente Javier Viteri que se facía cas primeiras posicións tanto nos concursos de disco como de xavelina

Por parte do Atletismo Sada foron Nives Vázquez nos 200 m.; Inés Papín nos 1.500 m.; Concha Novais nos 400 valos; Fernando Bas nos 3.000 obstáculos e Xulio Ventín en peso quenes reportaban á máxima puntuación ás das Mariñas.

Compartir: