Resultados

Importante sinal galega na historia dos Campionatos de Europa

O debut da participación española nos Campionatos de Europa de Atletismo remóntanse ao ano 1950 cando por vez primeira se tomaba parte na cuarta edición desenvolta en Bruselas da man do discóbolo madrileño Jose Luis Torres.

Desde entón (e sen contar o actual europeo que se está a celebrar) a Selección tomaba parte en vinte unha ocasións logrando un balance total de 87 medallas das cales 27 son de ouro, 25 de prata e 36 de bronce.

Habería que agardar ata a sexta edición do Campionato de Europa celebrado na capital sueca de Estocolmo no ano 1958 para presenciar o debut do atletismo galego

Foi en concreto o día 20 de agostos cando o vigués Manuel Augusto Alonso Rodríguez convertíase no primeiro galego en tomar parte nuns europeos de atletismo sobre as probas dos 3.000 obstáculos e un día despois sobre a dos 5.000 m. logrando en ambas sendos récords de España e postos de semifinalista.

A seguinte actuación galega viría da man de Javier Álvarez Salgado oito anos despois en Budapest correndo sobre os 3.000 obstáculos onde lograba a súa clasificación para a final que remataba de décimo.

Outro dos atletas vigueses que estiveron presentes na capital húngara aquel ano foi Carlos Pérez participando na proba de marathon. O triolimpico, lograba unha extraordinaria 4ª posición, a vinte segundos da medalla de bronce do atleta local Gyula Tóth.

Na edición seguinte de Atenas-1969 Galicia estivo representada por partida dobre na proba dos 400 m. ca presenza tanto de Ramón Magariños como de Carlos Gayoso á quen se lles xuntaría novamente na marathon a figura de Carlos Pérez.

A presenza femina retrasábase dous anos máis. En concreto unha galega, José Fina Romero, tivo a honra de ser a primeira atleta hispana en tomar parte nuns campionatos de Europa, competindo sobre a proba dos 400 m. que remataba con  56.3. Xunto a ourensá, tamén acudiron a aquela primeira convocatoria feminina as atletas vascas María Fuentes nos 800 m. e  Belén Azpeitia nos 1.500 m.

60 atletas galegas e galegos tomaron parte en Campionatos de Europa

Desde aquela ocasión, a presenza total de atletas da nosa comunidade en todos as citas continentais disputadas foi de sesenta, das cales a máis numerosa corresponde á desenvolta en Budapest-98 na que foron seleccioadas e seleccioados para interveir un total de oito.

Precisamente nesa edición destacaba a actuación dos nosos maratonianos José Ramón Rey e Alejandro Gómez quenes remataban a mítica proba nos postos cuarto e quinto respectivamente.

O maior número de participacións corresponde a Frank Casañas quen estivo presente sobre a proba de disco en catro edicións europeas (2010-12-14-16) sendo o seu mellor resultado o quinto posto logrado en Helsinki 2012.  Nesa mesma capital finlandesa, Lolo Penas protagonizaba o segundo dobrete dos atletas galegos en Europa ao tomar parte tanto nas probas dos 5.000 m. como na dos 10.000 m. rematando en ambas nun fabuloso décimo posto.

No que atinxe á categoría femina é a tudense Loly Pedrares no lanzamento de martelo con tres edicións (1998-2002 e 2006) a que acumula un maior número de participacións.

Parón de vinte anos

O noso atletismo estivo presente en catorce edicións das vinte e unha disputadas, producíndose un parón importante de 1971 ao 1990 na que non se contou con ningunha presenza galega.  Desde ese intre, prodúcese unha intermitente pero constante visibilidade que se consolida desde o Europeo de Barcelona 2010 a partir do cal e de maneira ininterrumpida cada dous anos (os campionatos son bianuais),  se contan entre os participantes con atletas galegas e galegos.

O resultado máis importante ata o momento é a medalla de bronce que lograba Ana Peleteiro sobre o concurso de triplo no último campionato disputado de Berlín 2018. Destácase os cuartos postos logrados por Carlos Pérez na marathon de Budapest-66; Juan Ramón Rey na marathon en Budapest- 98 e o de Ruth N´Doumbe no triplo salto en Zurich-2014

Os último campionato de Zurich-2022

Ainda con varias xornadas por disputar do presenta campionato, a participación galega contou nos mesmos ca presenza de Belén Toimil e Adri Ben a quen se lle sumaría o debut da marchadora Antía Chamosa (ausente Ana Pleteiro por maternidade). Con este importante presente, unha ilusionante e talentosa xeración de novos atletas galegos veñen experimentando nos últimos anos un medre considerable que fai ver con moito optimismo un atletismo galego que sigue aportando, a nivel internacional, calidade e talento da man de adestradores e clubs.

.   

Compartir: