Resultados

O atletismo é o terceiro deporte con máis DGAN da nosa Comunidade

Existen (a data de 22 de marzo) na nosa comunidade un total de 532 deportistas recoñecidos de alto nivel (DGAN) nas súas respctivas modalidades, no que o atletismo ocupa o terceiro lugar dunha relación de cincuenta especialidades. Para formar parte destas listaxes débense cumplir unha serie de criterios deportivos os cales veñen recollidos no DOGA na súa orde do 23 de xuño de 2021 pola que ¨se establecen os criterios técnicodeportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado¨

Á cabeza, en canto a número de deportistas, atópase o Piragüismo cun total de 101, seguidos do Taekwondo con 36 situándose o atletismo no terceiro lugar con 35. Deportes olímpicos como a Vela (25), Judo (24), Fútbol (23), Balonmán e Natación (15), Kárate (13), Ciclismo (12), Ximnasia (5), Baloncesto (2) ou Voleibol (1) son outros dos deportes que figuran nesa relación  de modalidades que contan con integrantes DGAN.

Unha listaxe en constante actualización

Na relación de DGAN, o noso deporte conta ca presenza das e dos olímpicos e paralimpicos da última edición Adi Iglesias, Ana Peleteiro, Gustavo Nieves, Adri Ben e Belén Toimil aos que se lle xuntan os medallistas nacionais absolutos Carmen Sánchez, Lidia Parada, Antía Chamosa  e valores de futuro como Yago Araujo, Eric Méndez, Irene Gómez, Paula Piñón, Jacobo Soler, Lisa Vosberg, Ainhoa Repáraz ou Xiana Lago entre outros moitos. Lembramos que a listaxe de deportista DEGAN sufre constantes actualizacións as cales son recollidas nos respectivos Diarios Oficiais de Galicia (última actualización)

Compartir: