Resultados

O atletismo galego acumula internacionalidades

Son moitas as alegrías e magníficos resultados que este ano está a dar o atletismo galego a todos as súas afeccionadas e efeccioados.

O froito do gran traballo e ilusión desenvolto polos adestradores e clubs, que en moitas ocasións traballan en precariedade de medios e instalacións, está dando os seus froitos da man dunha nova xeración de talentosas e talentosos atletas chamados a ser os abandeirados do atletismo galego do futuro.

Belén, Adri e Ana marcan o camiño

Son precisamente os nosos olímpicos quenes se están encargando de abrir camiño a toda unha puxante e nova xeración de atletas que comezan a facerse habituais nas distintas convocatorias internacionais.

Eles seguen sendo a cabeza visible dunha realidade que os converten en figuras e ídolos no que se reflexa a gran cantidade de pequenos atletas que comezan a súa formación nas distintas escolas atléticas espalladas ao longo da nosa xeografía.

As súas mediáticas actuacións son seguidas con especial atención por todos os amantes do atletismo os cales poideron vibrar fai un ano, ca primeira medalla olímpica da historia do atletismo galego de mans de Ana Peleteiro, cuxa próxima maternidade teraa apartada momentáneamente das pistas. Malia elo, este ano lograba ser finalista no Campionato do mundo de pista cuberta na edición desenvolta en Belgrado.

Pola súa banda, a plusmarquista española de peso Belén Toimil e Adrián Ben nos 800 m. quedaban ás portas da final do pasado Campionato do Mundo de Eugene o que os fai mirar con máis gañas a cita europea de mediados deste mes en Munich. Precisamente a de Mugardos lograba unha das medallas para o atletismo galego no Campionato Iberoamericano desenvolto en La Nucía do que regresaba ca metal de prata grazas aos seus 17.85 m.

O rexurdir dalgunhas especialidades

Xunto a modalidades tan sumamente asentadas no noso atletismo como son os saltos, lanzamentos, marcha e mediofondo-fondo, continúa o sector de velocidade aportando novos talentos, ¨rexurdindo¨ os  valos e as combinadas, ausentes nos últimos tempos de representación galega en eventos internacionais

Precisamente sobre a proba dos 110 valos debutará no Cuadrangular Internacional  que se vai levar a cabo Munich o día 13 de agosto o campión de España Hugo Vázquez do Marineda quen estará acompañado no sector de velocidade por Roi Martínez do Real Club Celta quen xa lograba o metal de bronce no ultimo nacional Sub20 sobre os 200 m.

As combinadas contan con Adolfo Sainz Maza sumando por encima dos 7.000 puntos que o converten no segundo home con mellor puntuación tras o olímpico David Gómez cuxa discípula Carlota Salgado lograba precisamente unha excelente segunda posición  no  Trofeo Ibérico Sub18 de probas combinadas desenvolto no mes de marzo en Madrid con 3.496 (MMP). Tampouco nos esquecemos de Eva Queimaño quen este ano lograba unha nova internacionalidade no Combined Events Meeting de finais de maio na que lograba un noveno posto no heptathlon con 4752 puntos

Este ano supuxo a reafirmación definitiva de Ainhoa Repáraz na velocidade española femenina. Aos seus títulos de campioa de España Sub18, sumábaselle  as internacionalidades do encontro España-Portugal en Huelva de finais de maio e o Campionato de Europa Sub18 desenvolto en Jerusalén no mes de xullo na que a piques estivo de lograr a medalla de bronce na final dos 100 m. Sería finalmente a proba de relevos 4×100 do combinado español quen daba o metal de bronce por equipos a do Val Miñor

A marcha continúa sendo unha das señas de identidade do noso deporte. A medallista europea Sub23 Antía Chamosa e Carmen Escaríz tomaban parte ca selección nacional no Campionato do mundo de marcha por equipos desenvolto en Mascate situando á marcha galega por partida dobre nunha cita internacional. Precisamente Antía Chamosa era seleccionada no día de onte xunto a Adrián Ben e Belén Toimil para tomar parte no vindeiro Campionato de Europa de Munich.

Mais recentemente, outro dos valores desta modalidade, Aldara Meilán lograba unha segunda posición no Festival Olímpico da Xuventude desenvolto en Eslovaquia e onde unha escandalosa chegada priváronna dun xusto triunfo.

Nese mesmo festival Europeo estivo Fabián Vidal do A.D.Barbanza quen lograba un extraordinario segundo posto con 48.66, nunha proba, a dos 400 m., que está a experimentar un gran pulo no noso atletismo grazas a irrupción de Jacobo Soler e a presenza de Juncal, Miguens, Abalde, Román, Cortizo e Triana entre outros.

Os saltos galegos tiveron en Leticia Gil na lonxitude, Saleta Fernández en altura e Alba Cuns en triplo as súas representantes. A actual campioa de España de pista cuberta nun ano irregular polas súas lesións, tomaba parte no Campionato Iberoamericano de La Nucía na que remataba sobre a colchoneta de altura no quinto posto con 1.81 m. Leticia Gil, tamén con varias lesións que a impediron rendir ao cento por cento, disputaba un encontro amigable de pista cuberta en Glasgow no mes de febreiro do que voltaba cun cuarto posto.

Outro dos valores do noso atletismo, a campioa de España Sub20 no concurso de triplo Alba Cuns, estará tomando parte o vindeiro día 04 de agosto no Mundial Sub20 que se celebrará en Cali (Colombia) onde seguiremos as súas evolucións con especial atención.

Nos lanzamentos, a campioa de España Sub18 en martelo e unha das promesas da especialidade Blanca Pereira, tamén lograba este ano a internacionalidade. En concreto disputou o Europeo Sub18 do que regresaba ca décimo primeira posición con 57.89 m. fortalecendo desta maneira unha especialidade moi ben artellada pola presenza entre outras de Irene Gómez, Marta Neira e Iria Filgueira.  Os medallistas nacionais Xiana lago en peso e Nicolás Ortega en disco tamén verán recompensadas as súas excelentes tempadas cas súas inclusións no equipo nacional para a disputa dun cadrangular amigable o 13 de agosto en Munich.

Sen abandonar o europeo Sub18, a multiplusmarquista de España Xela Martínez, lograba acceder a final dos 2.000 Obstáculos rematando novena con 6:57.65. Previamente no Mundial Escolar ISF de campo a través do mes de abril en Eslovaquia, lograba un extraordinario sexto posto individual así como a medalla de bronce por equipos que poñen de manifesto o gran talento da lucense.

Continuando cas probas de fondo, outro dos grandes valores que cursará estudios en universidades norteamericanas, Pedro Vázquez, proclamábase campión da proba dos 3.000 m. da Gimnasiada celebrada en Normandia no mes de maio cun rexistro de 8:14.04 o que non pasaría desapercibido para os responsables técnicos da RFEA quenes volveron a selecionalo para o Campionato do Mundo Sub20  que se está a disputar na localidade colombiana de Cali.

Pola súa banda Ester Navarrete era convocada novamente pola selección nacional para tomar parte na Copa de Europa dos 10.000 m.do mes de maio en Francia na que lograba a sexta posición na final B con 33:27.38

Internacionalidades atletas galegos 2022

European DNA Meeting Pista Cuberta. Valencia 15 de xaneiro

  • Peso                Belén Toimil con 15,60 m.

Amigable de pista cuberta. Glasgow, 05 de febreiro

  • Lonxitude          Leticia Gil (P.Castellón) 4ª con 6.10 m.

Campionato do Mundo de Marcha por equipos. Mascate, Omán, 4-5 Marzo

  • 20 km.              Antía Chamosa (S.Gimnástica) 16ª con 1h.41.24
  • 35 Km.             Carmen Escaríz (Ourense At.)  Abandoa

Trofeo Iberico Sub18 de probas combinadas (Madrid,1 e 2 de marzo)

  • Pentathlon        Carlota Salgado (A.F.Celta) Medalla de Prata con 3496 p.

Campionato do Mundo de Pista Cuberta (Belgrado, 18 e 20 de marzo)

  •  Triplo               Ana Peleteiro (Adidas) 8ª con 14.30

Campionato do Mundo Escolar ISF de Cross (Eslovaquia22 ao 27 de abril)

  • Cross               Xela Martínez (At.Lucense ) 6ª
  • Cross               Xela Martínez (At.Lucense ) Medalla de Bronce por equipos

4th International Combined Events Meeting – World Combined. (Naxos 21 e 22 de Maio)

  • Heptathlon        Eva Queimaño (Super Amara) 9ª con 4752

Gimnasiada (Caen, Normandia, 14 ao 22 de maio)

  • 3.000 m.           Pedro Vázquez  (R.C.Celta) Medalla de Ouro con 8:14.04

Copa de Europa de 10.000 m. (Pacé, 28 de maio)

10.000 m.         Ester Navarrete (F.C.Barcelona)  6ª (Serie B) con 33:27.38

Campionato Iberoamericano (La Nucía, 20 ao 22 de maio

  • Altura               Saleta Fernández (Valencia At.)  5ª con 1.81
  • Peso                Belén Toimil (P.Castellón)  Medalla de Prata con 17.85

Encontro Internacional ESP-POR de Relevos ( Huelva, 25 de Maio)

  • 4×100 Sub18     Ainhoa Repáraz (Val Miñor)  Medalla de Prata con  44.97

Campionato de Europa Sub18 (Jerusalén, 04 ao 07 xullo)

  • 100 m.              Ainhoa Repáraz (Val Miñor) 4ª con 11.61
  • Relevos            Ainhoa Repáraz (Val Miñor) Medalla de Bronce con 2:08.80
  • 2.000 Obs.        Xela Martínez (At.Lucense) 9ª con 6:57.65
  • Martelo             Blanca Pereira (Ourense At.)11ª con 57.89 m.

Campionato do Mundo Aire Libre (Eugene, 15 ao 24 de xullo)

  • Peso                Belén Toimil (P.Castellón)  Semf.17.48
  • 800                  Adrián Ben (Adidas) Semf.1:46.71

Festival Olimpico Xuventude FOJE (Eslovaquia, 24 ao 30 de xullo)

  • 400 m.               Fabián Vidal (A.D.Barbanza) Medalla de Prata con 48.66
  • 5.000 Mcha       Aldara Meilán (At.Lucense) Medalla de Prata con 22:55.58

Campionato do Mundo Sub20 (Cali, 01 ao 06 agosto)

  • Triplo                Alba Cuns (P.Castellón)
  • 3.000 m.           Pedro Vázquez (R.C.Celta)

Cuadrangular Internacional  (GER-AUT-SUI-ESP. Munich, 13 de agosto)

  • Peso                Xiana Lago (Ria Ferrol)
  • 200 m.              Roi Martínez (R.C.Celta)
  • 110 v                Hugo Vázquez (Marineda At.)
  • Disco               Nicolás Ortega (C.A.Sada)

Campionato de Europa  (Munich do 15 ao 21 de agosto)

  • Peso                Belén Toimil (P.Castellón)
  • 800 m.             Adrian Ben (F.C.Barcelona)
  • 35 km Mcha    Antía Chamosa (S.Gimnástica)

 

 

Compartir: