54 galegas e galegos acuden ao nacional Sub16 de Avilés

Despois da disputa do gran campionato de España Sub20 a fin de semana pasada na que se lograron un total de trece metais para o noso atletismo, as atletas galegas e galegos voltan novamente a unha cita nacional. Desta vez serán os Sub16 ós que acudan a tomar parte esta fin de semana en Avilés, nun número de 54 atletas.

Entre a relación de participantes destaca na proba dos 600 m. a presenza tanto da campioa de España de pista cuberta Celia Castro do Mazí como a do medallista de bronce Daniel Salgueiro do Coruña Comarca quenes estarán na loita directa polo título nacional.

Nos 3.000 m. Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural defenderá o súa medalla de ouro lograda na pista cuberta este mesmo ano, estando o medallista de bronce do mesmo campionato Alex Sierpres do Trega inscrito como serio aspirante nos obstáculos.

Sen abandoar as distancias longas, Amparo Corredoira da Atlética Lucense intentará mellorar o bronce logrado no nacional de inverno sobre os 1.000 m. e cuxo obxectivo comparten os tamén bronces nacionais indoor, Gema Dacosta do Vila de Cangas en peso e disco e Maria Artemia Pérez da Gimnástica de Pontevedra sobre o foso de triplo.

Enzo Lorenzo do Barbanza no concurso de xavelina con 55.96 m. sitúase ao fronte da relación de inscritos como claro aspirante ao campionato  ao igual que Marta Hermida do A.F.Celta e Laura Iglesias do Samertolameu segundas por rexistros, en martelo e xavelina respectivamente.

Atención de igual modo á participación de Asheber Díaz do AVA sobre os 3.000 m., Andrés González do R.C.Celta na marcha; Mar Simón do A.F.Celta en disco e martelo; Leo Rodríguez do Samertolameu nos 110 e 300 valos; Alejandro Rey de A Silva e Antía Otero do Atletismo Narón na xavelina e Celia Fernández do Riazor en combinadas.

No campionato de relevos por clubs será o equipo feminino dos 4×100 do Riazor Coruña o representante galego nesta edición.

 

 

Compartir: