Resultados

Lourenzá e Pereiro de Aguiar acollen autonómicos de ruta e pista nesta fin de semana

Prato dobre de campionatos Xunta de Galicia esta fin de semanana cuxos epicentros estarán postos en Lourenzá e Pereiro de Aguiar

Para comezar, A Federación Galega de Atletismo organizará, co patrocinio do concello de Lourenzá e a colaboración do club Esolas Deportivas Lourenzá, o Campionato Xunta de Galicia Absoluto, Máster, Sub23, Sub20 e Sub18 de Milla en Ruta, así como o Sub16, Sub14, Sub12 e Sub10 de 1 km á que acudirán preto de douscentos cincuenta atletas.

Sobre un trazado urbano, as distintas probas iranse sucedendo desde as 16.30 h. ate as 19.20 horas, momento no que se dará a saída a última carreira correspondente a categoría absoluta masculina.

Entre a relación de atletas destacados estarán presentes a campioa de España e internacional Xela Martínez da Atlética Lucense que logo de batir recentemente o seu cuarto récord nacional, nesta ocasión sobre os 2.000 m. obstáculos, estará competindo nesta edición.

Xunto ela tomarán parte, como atletas máis destacadas nesta categoría absoluta, a lucense Sara Guedes, quen xa fora bronce no Sub16 do ano pasado, e Alejandra Recarey do Triki Team finalista da categoría absoluta 2021.

Por parte masculina Gustavo Santiago do Miller Running intentará mellorar a medalla de bronce lograda o ano pasado para o cal deberá estar moi pendente de atletas tales como Adrián Lago e Ignacio del Buey campión e subcampión galego dos 800 m. de pista cuberta ou de Pablo Bocelo subcampión na mesma edición dos 1.500 m. entre outros

No resto de categorías contaremos ca presenza de Sabela Castelo do Vila de Cangas (actual campiona e poseedora da mellor marca galega dos 1000 metros) Lidia Balseiro do Maderas Barcia Lourenzá, Nihal Benjereda do San Miguel de Marín e de Marí Carmen Martínez da Atlética Lucense na categoría Sub14. Amparo Corredoira da Atlética Lucense tomará a saída na proba Sub16, así como  Judith Campos do Atletismo+9 Moraña e Enrique García da Atlética Lucense que o farán na Sub12, medallistas todos eles na edición do ano pasado.

Pereiro de Aguiar vivirá un interesante campionato por clubs

Un total de 31 equipos tomarán parte este domingo no Campionato Xunta de Galicia de Clubs para as categorías Sub20 e Sub16 na localidade de Pereiro de Aguiar.

A esta emocionante competición acudirán un total aproximado de 630 atletas quenes loitarán para lograr o maior número de puntos posibles de cara a esas clasificacións finais por clubs e onde a Sociedad Gimnástica e o Vila de Cangas na categoría femenina Sub20 e Sub16 respectivamente así como o Real Club Celta e Millaraio na categoría masculina, intentarán revalidar o título logrado o ano pasado nas pistas de O Barco.

Entre os equipos partipantes destaca a Sociedad Gimnástica e o Celta os cales presentan equipos nas catro categorías

O total de equipos clasificados para tomar parte neste campionato son:

  • Sub16 Homes: Sociedad Gimnástica, Marineda Atlético, C.A. Millaraio, Ourense Atletismo, C.Atletismo Sada, Real Club Celta e Agrupación Viguesa de Atletismo
  • Sub16 Mulleres: C.A.Narón, Lucus Caixa Rural Galega, Sociedad Gimnástica, Atlética A Silva, ADAS Cupa,  A.Vila de Cangas, A.Femenino Celta, C.Deportivo La Purísima
  • Sub20 Homes: Real Club Celta, C.A.Santiago, C.Atletismo Sada, Marineda Atlético, Lucus Caixa Rural Galega, Ourense Atletismo, Sociedad Gimnástica e Agrupación Viguesa de Atletismo
  • Sub20 Mulleres: Ourense Atletismo, Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica, ADAS Cupa, Atlética A Silva, Lucus Caixa Rural Galega, C. Atletismo Santiago, A.Femenino Celta.

Foto: Osil.info

Compartir: