Resultados Galicia – Nacional Absoluto Aire Libre

As nosas e nosos másters regresan de Arona con 82 metais

Un excelente balance total de 82 medallas foi o que acadaron as nosas e nosos másters no Campionato de España da especialidade desenvolto durante esta fin de semana na localidade tinerfeña de Arona. Por metais, 39 corresponderon a medallas de ouro, 28 foron de prata e 15 de bronce.

A nivel de marcas o máis salientable foi récord de España logrado polo lanzador vigués do Playas de Jandia Ignacio Fernández quen lograba no concurso de martelo pesado da categoría M40 un mellor lanzamento de 18.26 m. A maiores, tomaba parte tamén no lanzamento de martelo no que lograba o título nacional cun rexistro de 60,75 m. que representa un novo récord do campionato.

De igual modo tamén lograban récords do campionato as actuacións levadas a cabo por Domingo Álvarez do Burgas Ourense na M65 dos 800 m.con 2:25.01 e a de Juán Luis Paz do Marineda Atlético nos 100 valos M50 con 14.80. Por parte feminina estas viñeron da man de María Amalia Luz Sanmartín do Egovarros na F70 dos 200 m. con 37.80 e de Ana Abuín de A Silva na F60 de martelo pesado con 11,20 m.

En canto a actuacións, un total de vintecatro atletas subiron en máis dunha ocasión ao podio nas probas individuais salientando os dous ouros logrados por Basi Bernárdez de A Silva nos concursos de triplo e lonxitude, Domingo Álvarez do Burgas Ourense nos 400 m. e 800 m; Pablo Fervenza do Samertolameu nos 1500 m. e 5000 m.; Carlos Ferrer do Atletismo Narón en 300 valos e altura; Fran Guzmán do CAPEX en peso e disco; María Mesías do Riazor Coruña en 100 m. e 200 m.; Concha Novais do Atletismo Sada en 400 valos e 400 m. así como a plusmarquista mundial Esther Pedrosa que faría o propio sobre as probas dos 800 m. e 1.500 m.

Os atletas galegos que máis medallas lograban nesta edición foron Carlos Ferrer e Ana Abuín, ambos con catro

Por último, interesantes tamén resultaron as posicións no medalleiro dos clubs galegos onde o Atletismo Sada lograba un total de 18 medallas que o colocaban na 14º posición dun total de 161 equipos participantes.  Dous postos máis abaixo dos sadenses colocábase o Samertolameu con 12 metais, sendo o terceiro mellor equipo galego a Atlética A Silva con 7 medallas no posto 16º.

Campionato de España de Media Marathon

Tamén houbo presenza galega no Campionato de España de ruta celebrada en Paterna o 19 de xuño no que cabe citar o excelente 4º posto logrado por José Manuel Fernández do ADAS CUPA na categoría M50 e o 8º de Martyna Tasende de O Pino na categoría F40.

O resto das actuacións quedaron da seguinte maneira:

  • Clasificación Xeral: 60º Victor Alonso  (Vickcy Foods) 1h.13:45; 82º Alejandro Diego (C.A.Naron) 1h.15.58
  • M35. 11º Antonio Teijido (Bathco Running) 1h.13:59
  • M40: 15º Javier Paredes (Ourense At.) 1h.16.22
  • M45: 16º Juán José Álvarez (O Pino) 1h.19:59 e 29º José Carlos Ferreira (ADAS CUPA) 1h.26:28

      

Compartir: