As másters galegas e galegos a por medallas en Arona

O Estadio tiñerfeño Antonio Domínguez situado na localidade insular de Arona, será escenario da disputa do Campionato de España Máster de atletismo que dará comezo esta fin de semana e por onde pasarán preto de 1.500 atletas achegados de prácticamente todas as partes do Estado.

Galicia tomará parte en 150 probas e concursos que a colocan no quinto lugar por escala participativa, o que pon en valor a importancia e o peso da categoría máster no noso deporte

Relación destacada de participantes

No que a obxectivos se refire, o ano pasado lográronse en Málaga un total de 68 medallas (30 ouros, 19 pratas e 19 bronces) número a priori difícil de conseguir nesta edición pola lonxanía da sede que fixo que moitos e moitas renunciaran a tomar parte.

No terreo individual, entre a relación de atletas destacadas salienta a presencia da plusmarquista mundial Esther Pedrosa do Playas de Castellón quen figura inscrita nas probas dos 800 m. e dos 1.500 m. na categoría F60.

Juan Manuel Morales do Marineda na M40 intentará ampliar o seu destacado curriculu nacional de campionatos na especialidade de marcha ao igual que o atleta do Burgas Ourense Domingo Álvarez quen saltará ao tartán tiñerfeño para competir nas probas dos 400 e dos 800 m. Sobre estas mesmas probas será Luz María Domínguez do Burgas Ourense quen probe sorte na procura de igualar ou mellorar o seu ouro e prata do 2021.

Os valos e velocidade contarán ca presenza de Juan Luis Paz do Marineda na M50 e a do plusmarquista galego do Celta Miguel Gómez na M35 quen tomará a saída nas proba dos 100 m. e 200 m.

Nos concursos, o dobre campión nacional do ano pasado no foso de lonxitude e triplo Basi Bernárdez da Atlética A Silva intentará reeditar o seu excelente resultado ao igual que Nacho Fernández do Playas de Jandía quen na M40 defenderá os títulos de martelo e martelo pesado. Santiago Ferreiro do Atletismo Santiago na M35 en martelo e os lanzadores de peso Fernando Paredes do Real Club Celta na M45 e Javi Viteri do Samertolomeu na M55 tamén estarán sobre o círculo de lanzamento.

Por último compre salientar entre outras, a presenza da triple campioa do 2021 en peso, martelo e martelo pesado Ana Abuín da Atlética a Silva a cal tomará parte este ano nos lanzamentos de peso, disco e martelo.

Compartir: