Resultados

A Gimnástica domina o galego de clubs

A Sociedada Gimnastica de Pontevedra logrou no día de onte un fantástico dobre título en ambas categorías no Campionato Xunta de Galicia de Clubs Absoluto que se desenvolveu nas pistas de Atetismo Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar

Con este resultado en ambas categorías, o equipo pontevedrés súmase aos xa logrados no seu día polo R.C.Celta nos anos 91, 92 e 96 así como no 2016 e 2018 (sendo xa Atletismo Femenino Celta), polo Club Deportivo Universidade de Santiago nas tempadas 2000, 2001 e 2002 e polo Ourense Atletismo Academia Postal no ano 2012.

A nivel xeral o campionato foise cimentando para os do Lérez grazas a súa regularidade amosada polo conxunto do equipo así como polos triunfos parciais de Oriol Madi nos 100 m. Sergio Rodríguez nos 200 m., David Abalde nos 400 m., Carlos Porto nos 3.000 m., Sergio Sanabria en altura, Carlos Revuelta en martelo, Jonathan Correa en xavelina e polos plusmarquistas galegos Alfonso Palomanes en triplo e Victor Gallego en peso exercendo de capitán.

Na categoría femina as victorias foron para Cristina Garrido nos 100 m.,  Eugenia Gil nos 400 m., Ana Pajarrón nos 400 valos, Andreda Villaverde na lonxitude e o cuarteto de relevistas dos 4×400 m.

Botouse en falta a participación do equipo máis laureado da categoría femenina o RIA Ferrol (14 titulos) quen por mor das baixas de COVID de última hora, tivo que renuncviar a súa participación.

Completaron postos de podio na categoría masculina o Real Club Celta e Club Atletismo Santiago e por parte da femenina estiveron tamén no caixón o Atletismo Femenino Celta e o Ourense Atletismo.

Con este campionato dase o pistoletazo de saída ás competicións por equipos que para a semana que ven arrinacarán a nivel estatal nas categorías de Honra e Primeira Division ca participación de Sociedad Gimnástica, Ría Ferrol, Real Club Celta e Atletismo Femenino Celta.

Categoria Feminina

  • 1ª S.Gimnástica….128 p.
  • 2º A.F.Celta …. 119 p.
  • 3ª Ourense At. ….  114 p.
  • 4ª ADAS Cupa …. 102 p.
  • 5ª Lucus CRG ….  93 p.
  • 6ª C.A.Narón …. 72 p.
  • 7ª C.A.Sada …. 71 p.
  • 8ª Agrup. Viguesa …. 35 p.

Categoría Masculina

  • 1º S.Gimnástica …. 136 p.
  • 2º R.C.Celta …. 118 p.
  • 3º C.A.Santiago …. 105 p.
  • 4º C.A.Narón …. 102 p
  • 5º Lucus CRG …. 84 p.
  • 6º C.A.Sada …. 65 p.
  • 7º Marineda A. …. 60 p.
  • 8º Ourense At. …. 52 p.

 

Compartir: