Resultados

As atletas galegas e galegos, lanzados aos podios nacionais

Excelente balance de 10 medallas o logrado polas nosas e nosos atletas nesta fin de semana nos dous compromisos nacionais celebrados

Campionato de España de Lanzamentos longos de inverno de menores

Novamente o sector dos lanzamentos volveu sacar músculo no nacional de lanzamentos longos desenvolto en Castellón no que acudiron un total de catorce lanzadoras/es cun formidable resultado de oito medallas e seis postos de finalistas.

Os títulos nacionais foron para dous discípulos de Frank Casañas quenes lograron impoñerse tanto en Martelo Sub18 da man de Blanca Pereira do Ourense Atletismo como de Pedro Fidacu Santos da Agrupación Viguesa na xavelina Sub20. Ambos, adestrando no CGTD de Pontevedra, lograron impoñerse cunha diferencia superior ao metro de ventaxa con respecto aos seus rivais o que pon de manifesto a importante calidade que atesoran e que xa veñen amosando ao longo das últimas tempadas.

Da ¨factoría de Barbanza¨ dirixida por Moure, viría a outra das alegrías. Enzo López na xavelina Sub16 lograba o terceiro título nacional para o atletismo galego logo de lanzar ata os 55.72 m. logrando con este importante rexistro, o récord galego da súa categoría e aventaxando ao segundo clasificado en case ¡sete metros!

As medallas de prata foron para Eric Méndez do Celta na categoría Sub20 de martelo quen confirmando a súa recuperación, volta á elite nacional lanzando ata os 61.59 m. da man do seu técnico José Manuel Hermida. De igual modo Lara Iglesias do Samertolameu, e dirixida por Angel Serantes, entra pola porta grande dos lanzamentos ao lograr a prata na xavelina Sub16 con 40.15 m.

Por último os tres metais de bronce foron novamente para a Marta Hermida (filla e discípula do técnico vigúes) no martelo Sub16 con 44.65 m., para Paula Piñón do A.F.Celta en xavelina Sub20 con 41.84 e do grupo coruñés de Necho Fernández, e para Daniel Loureiro de A Silva, adestrado por Pepe Domínguez Caballero, quen lanzaba ata os 57.11 m. na xavelina Sub18

Salientamos tamén as actuación dos lanzadores Xaido Nimo no martelo Sub16 e de Nicolás Ortega no disco Sub20 quenes estiveron ás portas das medallas nos seus respectivos concursos.

Bo papel dos nosos másters

Xan no tocante ao Campionato de España de marathón Máster desenvolto en Zaragoza, a representación galega voltaría cas medallas de bronce logradas por Antonio Vázquez do Burgas Ourense quen subía ao podio na categoría M50 e para o tamén ourensán Benito Gómez do Ourense Atletismo quen facía o propio na categoría M60.

Compre salientar de igual modo, os postos de finalistas de Manuel Casado na M45 e  Ricardo Vázquez do ADAS CUPA na M45

 

Compartir: