Resultados

Catro medallas e bos resultados no nacional Sub18

Catro medallas, e catro postos de finalistas foi o balance xeral da actuación dos galegos e galegas que acudiron esta fin de semana a Valencia para tomar parte no Campionato de España de pista Cuberta Sub18.

O máximo foco de atención desta importante cita estivo posto unha vez máis na participación de Xela Martínez que non desaproveitou a oportunidade para postularse como unha das máis importantes e serias promesas do noso deporte. A lucense gañaba na final cun rexistro de 4:26.76 que representan a mellor marca dos campionatos…simplemente descomunal

Carlota Salgado en combinadas, e malia ¨tropezo¨ nunha das súas probas fortes como é a altura, recompúxose para lograr MMP tanto na lonxitude como nos 800 m. que a fixeron merecedora -deixando excelentes sensacións- do subcampionato nacional cunha MMP de 3.504

Precisamente sobre o concurso de altura Emma Sihuang Pérez refrendaba esa terceira mellor marca das participantes logo de saltar ata os 1.71 m. que facían que novamente- e como xa fixera o ano pasado-  lograra unha extraordinara medalla de bronce en todo un campionato nacional.

A última das medallas correspondía a velocista Ainhoa Repáraz quen nun destacado campionato lograba a súa segunda mellor marca persoal en pista cuberta nas semifinais dos 200 m. con 24.85 para xa na final, rematar en 24.89 que lle daban o bronce sobre o sintético levantino.

De igual modo resultaron tamén salientables os postos de finalistas logrados por Sergio Quintas do C.D. Las Purísima nos 1.500 con 4:03.01;  Xoel Otero do A.A. Mazí en triplo con 13.85 m. e Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 400 m. con 58.14.

Mención aparte ten o sétimo lugar da plusmarquista galega do Celta Lisa Vosberg quen non tivo o seu día no concurso de pértega no que saltaba ata 3.32 m. sobre un listón no que recentemente voaba ata os 3.60 m.

Compartir: