Ourense superou novamente ca máxima nota a organización do nacional absoluto

Esgótanse os calificativos positivos tanto a nivel de organización como a nivel de resultados que deron de si estas catro xornadas de Campionatos de España de atletismo de pista cuberta celebrados en Ourense. Si o listón estaba moi alto en comparación ao mesmo campionato do ano 2020, foi novamente superado grazas á  enorme capacidade organizativa, a entrega de toda unha cidade, ao compromiso duns organismos públicos e a resposta dun público entendido e entregado.

A todo esto engádeselle uns excelentes resultados deportivos, que a nivel xeral arroxan un total de tres récords de España absolutos e varias mínimas mundialistas, sen contar os varios récords de España de categorías Sub e un importante número de marcas persoais que falan da gran calidade da pista galega.

No que atinxe a actuación galega, o balance  foi tamén moi positivo arroxando un total de tres ouros, un bronce,  catro récords galegos e oito mellores marcas persoais (MMP)

Para comezar a reaparición de Saleta Fernández non poido ser mellor. A de Monforte, cunha bancada entregada,  lograba a súa MMT con 1.85 m. recuperando sensacións e facéndose co título logo dun ano cheo de problemas físicos.

Belén Toimil malia estar saindo dunha lesión, fixo valer a súa superioridade para impoñerse no concurso de peso onde tan só lanzaba en dúas ocasións ata chegar ata os 16.89 m. que lle permitiron reeditar o seu título do ano pasado. A campioa galega de pista cuberta Raquel Villa do A.F.Celta pola súa banda, remataba no décimo lugar con 12.16 m.

Si sensacional foi o triunfo de Belén, non o foi menos a da medallista olímpica Ana Peleteiro a cal cumpría á perfección os prognósticos impoñéndose con 14.08 m. Neste mesmo concurso sensacional Alba Cuns quen estivo na loita polas medallas grazas a esos fantásticos 12.98 que constitúen unha MMP e a catapultan á élite nacional absoluta. Diaou Diallo do Ria acudía infiltrada a esta cita nacional  rematando na novena posición con 12.37 m. Na categoría masculina excelente sexta posición na final para o lucense Alexander Barreiro con 15.09 que representa unha MMP

A plusmarquista galega e campioa de España de Aire libre Leticia Gil estivo pelexando ata o último intre por unha das medallas. O seu mellor salto foi de 6.15 m. que quedaba a cinco centímetros do bronce. No mesmo foso excelente comportemento do saltador do Celta Sergio Coello que lograba un notorio sétimo posto con 6.96 m.

Os nosos e nosas velocistas fixeron un extraordinario campionato. Na categorías masculina Javier García do R.C.Celta lograba o pase a final estabrecendo un novo récord galego absoluto con 6.76. Na mesma final non menos sobresainte foi a presenza de Adrián Pérez do FC Barcelona quen rematava oitavo con 6.80 e MMP. Cristina Garrido da Gimnástica e Ainhoa Repáraz do Val Miñor non pasaron a criba das eliminatorias rematando con 7.80 e 7.73 respectivamente. A bimedallista paralímpica Adi Iglesias marcaba nas eliminatorias un excelente crono de 7.68 (MMP) que repetiría nas semifinais ca sétima posición.

Nos 200 m. 22.15 para Sergio Rodríguez da Gimnástica nas eliminatorias polos 21.59 que daban o pase as semis de Mauro Triana. O plusmarquista galego internacional remataba o seu campionato ca terceira posición nas mesmas  con 21.79

Nos 800 m. femininos, quinta posición nas semifinais para Raquel Meaños con 2:10.45  e sexto para María Carballido do Friol cun mellor tempo personal de 2:13.22. Na categoría masculina, o noso finalista olímpico en Tokio-20 Adrián Ben lograba a medalla de bronce nunha carreira que remataba en 1:49.50 e na que tivo que ceder ante o gañador Álvaro de Arriba e García García.

Na proba dos 1.500 contamos tamén con participación galega na persona de María Cedrón do ADAS que conseguía rematar a súa semifinal na décima posición con 4:44.21. Mellor rexistro para a subcampioa galega de campo a través Laura Santos do Lucus que tampouco pasaba á final co seu rexistro de 4:29.73. Mala sorte na categoría masculina para Pablo Bocelo da Gimnástica quen no podía rematar a súa proba. Adrián Lago pola súa banda entraba en línea de meta no décimo posto das semifinais con 3:54.74 polos 3:49.81 do campión galego Carlos Porto que quedaba ás portas da súa MMP.

Novo show na proba dos 3.000 a cargo das nosas tres representantes. Xela Martínez acaparaba o centro de atención xa que nas semifinais lograba os sensacionais récords de España Sub18 e Sub20 con 9:14.96. Nesa mesma semifinal moi salientable Esther Naverrete que facía MMP con 9:14.39 e 9:14.48 para Joselyn Brea. Na final moito máis táctica, quinto lugar para Eshter, noveno para Joselyn e décimo segundo para Xela que entraba en meta con público aplaudindo e entregado ante ela.

Nos homes Mehdi El Nabaoui lograba un formidable tempo de 8:07.43 (MMP) no seu primeiro ano Sub23. Os incomprensibles trámites infinitos para acadar a súa nacionalidade, impedíronlle estar nunha xusta e merecida  final.

A probas dos valos con seis participantes, foi a especialidade que contou con máis presenza galega.  Na categoría femenina Lucía Ferrer da Gimnástica remataba na sétima posición con 8.85 (MMP) polos 8.77 da campioa galega absoluta Teresa Rodríguez do Riazor que entraba sexta e os 8.90 de Lucia Sánchez del Valle oitava.  Nos homes Santiago Rozas do Lucus concluía a súa eliminatoria con 8.25 polos 8.34 do recórdman galego Sub20  Hugo Vázquez do Marineda que lle daban a oitava praza. Mesma posición na súa eliminatoria para o atleta da Gimnástica con ficha galega, Joao Alexandre Ribeiro con 8.23 que representan unha MMP

Por último nas probas de combinadas destacadísima quinta posición para Adolfo Sainz Maza que remataba o Heptathlon con 5.174 puntos superando novamente a barreira dos cincomil e quedando ás porta da súa MMP. O venezolano con ficha polo Atletismo Narón Gerson Vidal Izaguirre lograba o terceiro lugar da clasificación xeral con récord nacional venezolano de 5.657 p. Na categoría femenina a subcampioa de España Sub23 Eva Queimaño remataba con  3.688 p. o que lle permiten lograr posto de finalista en todo un campionato nacional absoluto.

Resumo da actuación galega

Foto cortesía de Angel Sousa

 

Compartir: